OS 1001 VERTEDOIROS DE SOBER

- 5 exemplos significativos -

Había unha vez, nunha Galaxia non moi lonxana, un Concello que saía en todos os diarios coma o máis “chachi do mundo mundial”.
Pero a merda flota, e neste caso, a merda inunda, e rodea o Concello de Sober por todas as partes.
Son centos os vertedoiros desta terra, antigos (algúns levarán case medio século connosco) e novos, variados ou monotemáticos, situados en puntos de interese turística, á beira de carreteras ou perdidos no medio do monte.
Tal vez sexamos curtos de miras e resulte todo isto unha estudada montaxe dun artista contemporáneo.
1. XXL
Elementos:
tella, cemento, plásticos, latas, botes, bagazo, palés, escombreira de casas…
2. O SABIO
Elementos: latas, porcelana, botes de plástico, vidro, folla de lata, cafeteira oxidada…
3. TURISMO NATURAL
Elementos: roda de camión.


4. REBAIXAS
Elementos: neveira desvencellada.
5. XOGUETES ESQUECIDOS
Elementos: moto infantil marca Super Bike.

A ALTERNATIVA DO BNG
UN SOBER SEN LIXO
(nen visible nen invisible)*

- Elaboración dun Plano de fomento da REDUCCIÓN de envases, e da súa reutilización ou reciclaxe.
- Separación dos residuos, coa compostaxe da materia orgánica, fomentando a compostaxe nos domicilios para empregar nas hortas.
- Elaboración dun Plano de selado e eliminación dos vertedoiros.
- Recollida a domicilio de papel, vidro, pilas, material informático e grandes residuos.
- Ampliación dos puntos con colectores de papel e vidro.
- Instalación de puntos de recollida de envases de productos fitosanitarios, especialmente na ribeira, e de puntos de recollida de residuos agrícolas.
- Fomento da sustitución de pesticidas químicos por alternativas naturais e sensibilización sobre os perigos das sustancias tóxicas nos productos de uso doméstico e fomento da súa sustitución por productos naturais.

- 13 – MAIO – Xornada de sinalización de vertedoiros.
Para anotarse: benegasober@hotmail.com


* Incluido no noso Programa de Goberno, Municipais 2007.

9 comentários:

Paula Verao disse...

A xornada de sinalización de vertedoiros serviu para concienciarnos máis sobre a necesidade de eliminalos.
Nunha simple visita de 3 horas non exhaustiva localizamos, fotografiamos e describimos 10 vertedoiros tremendos: coches, neveiras, sofás, zapatos, porcelana... E, o peor, é que moitos vertedoiros son antigos e están xa moi cubertos pola maleza e por terra; pero, a merda, segue aí, contaminando a terra e, nalgún caso, supoñemos que os acuíferos. É un problema grave; e cando dicimos que hai 1000 non esaxeramos.
Esperamos que se tome conciencia do asunto.
Pronto colgaremos as fotografías.
UN SAUDO.

Anónimo disse...

E a auga, en Sober (pobo), temos que beber a auga do Cabe, un dos ríos máis contaminados de Galicia, sobre todo no tramo que hai entre Monforte e Canaval. Què garantías nos dan de que non se perxudique a nosa saúde. Porqué do Cabe, non hai otras zonas para traela e non do río.

Paula Verao disse...

XOVES, 24 de Maio
CHARLA-COLOQUIO: A SITUACIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA
Coa presenza dun Director Xeral da Consellaría de Medio Rural.
En Canaval, no "Regato"´, ás 20:45 horas.
BNG DE SOBER.

Anónimo disse...

Escoitas na Cadena Ser a Eiriz,candidato a Alcaldía de Monforte, denunciar os vertedoiros incontrolados que quedan en Monforte, hai que lévalo a dar un paseo por Sober, que vexa os do noso Concello e que lle pida a súa correspondente política Raquel que traballe un pouquiño a prol da nosa natureza e saúde.

Anónimo disse...

Un tanto máis para ó BNG, despois de denunciar os mil e un vertedoiros de Sober e a desidia do concello, hoxe imparten un taller sobre reciclaxe para alumnos de primaria e secundaria, colabora a Consellería de Medio Amabiente, Ecoembes e Sogama, agora nas eleccions, moi loable, máis o Concello está inzado de merda. Que o limpen xa!!!

Paula Verao disse...

En todo caso, a iniciativa do taller de reciclaxe é correcta.

Paula Verao disse...

Tamén habería que autoconcienciarnos dos perigos dos tóxicos de uso corrente: champús, lacas, xabón, colorantes e demáis merdas dos alimentos, herbicida...
Vese demasiada máquina de Rondou por aí!!!

Anónimo disse...

Pareceme que os do BNG dádelles moitas ideas ós do PP e estes están poñendoas en práctica nestes momentos para contrarrestar a vosa presencia e o voso traballo.

Anónimo disse...

Ogallá as puxesen todas en práctica!
Así entende o BNG a política: trátase de convencer con argumentos e de aportar ideas para mellorar a vida da xente. Se o PP fai estas ideas súas, sería unha victoria do BNG, inda que non levásemos nós os méritos de poñelas en práctica.
O que lamentamos é que se adopten algunhas ideas e non se cambie o fondo, é dicir, que non se abandonen as prácticas caciquís, que siga sen poderse debater en liberdade e igualdade, que non se crea no país...
A nivel nacional, o BNG sempre foi por diante das demáis forzas políticas no debate de ideas.
Por exemplo, foi unha victoria do BNG conseguir convencer ás demáis forzas políticas de que o galego, coma lingua propia nosa, é a adecuada para o debate político (lembremos a Rajoy, vicepresidente da Xunta, falando sempre en castelán); foi este un dos fitos máis importantes para a normalización da nosa lingua desde o s.XV: converter o galego en lingua propia da Política; e foi en gran parte gracias ó BNG.
Tamén foi o BNG o primeiro en plantexar a necesidade de reformar o Estatuto. Primeiro, chamaron tolo ó Quintana; logo, todos os partidos recoñeceron a importancia de reformar o Estatuto, e nelo se traballou, e serviu para avanzar no debate, inda que quedara aprazado.
Agora, o BNG é a forza política que propón abertamente suprimir as Deputacións porque non teñen sentido: ¿como se poden elaborar Plans Provinciais se cada Comarca ten as súas peculiaridades e necesidades?; tamén é quen máis defende a necesidade de reformar o sistema do voto emigrante.
Pouco a pouco, estas ideas callarán no resto da sociedade, porque son o razoable, son asumibles por todos e son respostas razoadas a problemas que estudamos a fondo.
O BNG foi e segue a ser a forza política que máis ideas aportou á sociedade galega.
Saúdos.