SUSPENSO EN POLÍTICA CULTURAL

Vén de publicarse nos medios o programa de actividades socioculturais do Concello de Sober. Ximnasia, Informática, Baile, Chocolatada...
Hasta aquí todo normal, se non fose porque, primeiro, estas actividades habituais en todos os concellos se nos presentan coma o “non vai máis” e coma mostra do savoir faire da nosa Alcaldesa e, segundo, a actividade cultural promovida polo Concello de Sober resdúcese a iso, non hai nada máis.
A Primavera Musical está ben, si, pero nada comparable á anterior lexislatura e, sobre todo, no eido da Música, tan importante no noso Concello, descóidase a base: a Banda de Sober recibe exactamente a mesma subvención que hai 10 anos e ten que andar mendigando fondos para as súas actividades e o grupo de rock non ten un local de ensaio adecuado.
En canto a teatro, en Maio veremos Rotas, pero xa nin lembramos cando houbo a última representación.
Falando de rotas, o mobiliario da Biblioteca cae (literalmente) a pedazos; sillas e mesas tambaléanse e, mesmo o outro día, pousei un libro nunha balda dunha estantería e caeu todo polo chan.
Así está a Casa da Cultura: ventás rotas, goteiras, suciedade xa endémica, ordenadores fóra de servizo, un ascensor que leva inutilizado 10 anos... Xa que a prensa di que a Alcaldesa mima á xente maior, ¡que menos que facilitarlle o acceso á Casa da Cultura! Para ir á oficina da Traballadora Social deben baixar unha pila de escaleiras.
E a oferta de ocio para a xente maior é ben escasa: ximnasia e baile (o da chocolatada só cando hai eleccións).
Xa nin falemos de Patrimonio, algo que para o Concello é un estorbo. Total, “cuatro piedras”. Lembremos que desde o Concello se pretendía excluír do PXOM varios petroglifos e castros; lembremos que non se promocionan as rutas culturais, que non se estuda nin divulga o importantísimo patrimonio soberino, que non se recuperan as tradicións (bueno si, as comadres serviron para louvar ó goberno municipal).
A Cultura, tal como a entende o BNG e como propoñemos no noso Programa de Goberno para Sober non se reduce a baile e xogos de cartas.
Cómpre EDUCAR, poñer o LIBRO e a Biblioteca como prioridade, manter as infraestructuras culturais, ESTUDAR a fondo e DIVULGAR o noso patrimonio arqueolóxico-artístico e etnográfico, facer da MÚSICA un eixo da política cultural, coñecer a nosa HISTORIA, fomentar o diálogo dos novos coa xente maior, fonte de sabiduría, para recuperar as LENDAS e as TRADICIÓNS e fomentar a CREACIÓN na sociedade.
Por iso aposta o BNG de Sober, e lévao á práctica, se non, véxase este Blog.

22 comentários:

Paula Verao disse...

POr certo, onde, 10 de Maio, non se celebrou o curso de informática anunciado na prensa. De feito, na Casa da Cultura, onte, nin sequera había quen abrise e pechase as portas.
NOTICIA APARECIDA NA VOZ DE GALICIA:
Informática para mayores
SOBER | 18.00 HORAS
En el centro sociocultural de Sober se desarrolla una clase de iniciación a a la informática dirigida a los vecinos de más edad. Esta actividad se lleva a cabo todos los jueves y forma parte de la programación sociocultural del Ayuntamiento para la actual temporada.

Anónimo disse...

O caso é ter engaiolada a xente, facer que se fai e non facer nada, que todo siga igual aparentando ter unhas actividades inexistentes.

Anónimo disse...

¡Que va! O Concello de Sober é a rehostia. As cousas claras e o CHOCOLATE espesosssssssss.

Anónimo disse...

Para facer un curso hai un periodo previo onde a xente se apunta, eu recomendariavos que apuntasedes os vosos pais,tíos e demais parentes e despois critiquedes si hai ou non actividades e non sexades demagoxicos e digades que non se fan cousas ou charlas e despois non teñades nin vergoña para asistir a elas, faise cultura e actividades probablemente podríase facer mais, pero dende logo non sodes un exemplo de asistencia as que se fan, e xa esta ben de criticar a xente que polo menos participa nas actividades sexa un chocolatada onde foron mais de 400 pesoas ou unhas comadres onde participaron veciños de Sober, alleos a política, e dade gracias de que non somos como vos e cando hai charlas como a de Beiras vamos todos sexamos do partido que sexamos porque si non seriades tres pelagatos. E cando falades de locais non será porque vos, como veciños de Sober, non teñades un ,porque polo que eu vexo está a vosa enteria disposicion sexa a hora que sexa,incluso tedes chaves, non si???.

Anónimo disse...

Hola para os de acó, son María, creo que me coñecedes, son a encargada de abrir e pechar as portas,(ben, algunhas estan abertas sempre, como as de informática, para que todo o mundo poida entrar e saír cando queira)foi algo que falei con Julia a encargada da Biblioteca e pensamos que era o mellor para non entorpecer o acceso ós usuarios, en canto o día 10 fun eu a que pechei a porta, é mais, pecheina e volvina abrir porque a un rapaz quedoulle dentro unha chaqueta e chamoume por si lle podía volver abrir a porta. Ás catro da tarde a porta da casa da cultura está aberta porque a abre a encargada da Biblioteca, é certo que a veces abuso da vosa confianza, e como sei que tedes chave para non entorpecer os vosos ensaios pídovos se podedes cerrar a porta, cando me decides que non tedes chaves eu espero o tempo que sexa necesario e cando me decides que si, voume coa tranquilidade que ata o de agora me destes(non o vou volver facer). Inda que nos vemos todos os días queda mellor"polo visto" escribir no blog. Calquer problemas que teñades coas portas podedes falar conmigo directamente, ata hoxe non me comín a ningén,e entodo caso calquera irresponsabilidade que haxa respecto a este asunto, tamén e miña, quero decir, si non sei abrir ou pechar portas e culpa miña e non da alcaldesa, en todo caso ela sera a culpable de contratar a unha inútil coma min que non sabe facer unha tarea aparentemente tan doada.Pedíndovos disculpas por si pola miña incompetencia entorpecin o voso traballo eu estou como sempre a vosa enteira disposición.Un saúdo María

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Paula Verao disse...

A ver.
Só dixemos que o Xoves non houbo o curso de Informática inda que saíu na prensa anunciado, non só como recordatorio, senón cunha glosa de varias frases.
En canto á conserxe, nunca dixemos(e nunca diremos, porque non o podemos decir) que non cumple o seu traballo: fai o seu traballo correctamente; só dixemos que ese día á hora de Informática non había ninguén(se foi por non apuntarse a xente, pois será que non lles interesa, ou que, para facerllo interesante hai que achegarse ás parroquias.
Con respecto a que nós non acudimos ós actos culturais (ou os nosos familiares, que son cada un deles independentes, nós non actuamos coma un Clan), ademáis de que non é certo, cada un fai o que lle peta, e xa está ben dese paternalismo, porque o que tén que haber é moitas máis actividades, e fomento da Cultura,e preocupación por manter as infraestructuras culturais, e coñecemento das inquietudes da xente... O resto virá "por añadidura". Si hai actividades en Sober ás que acude moita xente, sen necesidade de andarlle detrás.
P.D. Á conferencia do Beiras acudiu moita xente, de todas as sensibilidades, pero non é certo que os do BNG foramos "4 gatos"; veu xente de toda a comarca. Só na cea, á que quedaron unha pequena parte de xentes do BNG, acudiron 50 persoas.
Saudos.
E, por favor, que non se insulte nin se entre en temas persoais.

Anónimo disse...

Quero contestar persoalmente, no meu nome, e NON no do BNG, á insinuación dun anónimo de que nós temos chaves da Casa da Cultura.
As chaves da Casa da Cultura téñoas eu, Paula V.V., como Secretaria da Banda de Música de Sober (ás veces, coma esta semana, tenas outro membro da directiva da banda); e os membros da banda só as usamos para actividades relacionadas ca Banda: abrir e pechar a porta cando imos tocar ou ensaiar, coller partituras para fotocopiar,etc; ou para o Trícole. E ca María entendémonos perfectamente: cando esquecemos as chaves vén ela pechar ou abrir, e cando as temos xa quedamos en pechar nós.
Eu intento non misturar unha cousa ca outra, na Banda son a Secretaria, e na vida privada son a Responsable Local do BNG; como cidadá, Raquel é a miña alcaldesa; como usuaria da Casa da Cultura; respeto as normas; e como profesora da Escola de Música fago o que me mandan.
Como Responsable Local do BNG fago Oposición; e non utilizo a miña posición na Banda ou na Escola para beneficir ó BNG; por iso non me gusta falar cando vou dar clase ou tocar de asuntos do BNG.
Este Blog, ou a rúa, é o lugar adecuado.
Saudos.

Anónimo disse...

Ao anónimo que nos chamou pelagatos, non caias no insulto porque acabas de insultar aos meus pais que estaban na conferencia de Beiras, seguro que non eres capaz de chamarllo a cara e agora estás arrepentido de telo feito, disculpate que e o mínimo que podes facer e tranquilízate, disfruta de todos os actos culturais e académicos e en definitiva se feliz, porque parece que nono eres moito.

Anónimo disse...

En Monforte, no mitin que deu o PP no Multiusos, estaban 300 persoas; na cea -exclusivamente de mulleres-que se fixo en apoio do candidato do BNG eramos 500 persoas; no Multiusos estaban Núñez Feijoo, Barreiro etc os pesos pesados do PPdeG, algo está cambiando e aínda que sexa por simpatía en Sober tamén ocurrirá, digoo por eses comentarios tan agrios que fai alguén do PP de Sober que insulta e intenta ofender máis as palabras son só palabras que soamente fan dano dependendo de quen as usa.

Anónimo disse...

Querido anónimo, nótase que non me coñeces, poño o meu nome porque non teño nada que ocultar e porque son, como dixen, eu e non a alcaldesa, a responsable de abrir e pechar as portas,entón creo que son a persoa indicada para respostar. Teño moitísimos defectos, pero a autoestima gracias a Dios,teñoa bastante alta. Neste Concello, querido anónimo, non nos obligan a facer nada que non queramos,quizaís no teu si,¿vives en Monforte?. Tamén creo que en xeral, a xente esta bastante contenta co que se fai(vos, refírome o BNG,si que tedes que analizar o que non estades facendo ben, porque nestes intres non tedes representación no Concello)porque democraticamente a xente moza e maior decidiu maioritariamente, por non decir aplastantemente, que quería que a súa alcaldesa fose a que está, supoño que algúns podemos estar equivocados, pero todos???.
Tedes un defecto, non sabedes aplaudir os éxitos, e o ximnasio,querido anónimo é un éxito, si te diras unha volta por Sober, sabrías a cantidad de veciños que están facendo uso do mesmo, respecto a danza do ventre non entendo a túa ironía, pero ti sabrás...,soio te pido unha cousa, que busques mellores informadores.
Un saúdo María.

Anónimo disse...

Por certo, a miña felicitación por o libro que estades a facer sobre os petroglifos.
Un saúdo María

Anónimo disse...

Cando falo de pelagatos,falo dende unha expresión, si digo, estamos dous pelagatos, estou decindo que hai moi pouca xente, e unha frase feita que creo que todos entendemos. De todos modos se alguén se sentiu ofendido pídolle disculpas, o que pretendía decir é que habría pouca xente na charla.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Fonte IGE
Censo de votantes 3486
Votos 2482
PSOE 373
PP 1655
INGA 298
BNG 156
Nulos e en branco 15
ABSTENCIONS 989
1831 habitantes de Sober non queren a alcaldesa (politicamente falando,persoalmente sí) aínda que sacara maioría de concellais,eu son unha persoa nova e votei BNG como tantos outros mozos e mozas que coñezo polo tanto non entendo esa ebriedade de poder que manifestas.

Anónimo disse...

Galeguiña14, dende logo quitas unhas conclusións alucinantes, estou abraiada, hai moitos motivos polos que unha persoa non vaia a votar, nalgúns casos pode ser porque ningún candidato lle sea do seu agrado, pero chegar a conclusión de que vistos esos datos a maioría da xente non este conforme ca alcaldesa que temos, pareceme un pouco manipular a información, non cres?

Anónimo disse...

Manipulación? Non ,son datos obxectivos.

Anónimo disse...

Home, eu entendo que si os que non votan non quixesen a actual alcaldesa votarían en contra, non cres?. Supoñer que as astencións son votos en contra e moito supoñer, mais ben eu creo todo o contrario, creo que moita xente afin a un partido maioritario moitas veces non vota porque ten a plena confianza de que incluso sin o seu voto o seu partido vai a gañar, en cambio os que estan en contra dun partido maioritario van a votar seguro para que non salga.

Anónimo disse...

E decir que son a favor tamén, a xente sinte un grande hastío por iso non vai exercer o seu dereito inalienable, un grande hastío porque sempre ten máis do mesmo, con un poder exercido por unha soa persoa de forma omnimoda, total, dicen, vai sair ela, para que imos votar, é un xeito de castigo nas urnas máis un castigo a fin de contas, dicen ela, nona chaman polo seu nome, non fan referencia ós outros candidatos, si algo funciona así é que algo vai mal, só hai resignación nun concello tan envellecido e ese voto de confianza que dis, a abstención é simple e pura resignación.

Anónimo disse...

Vexo a xente animada, ilusionada, senón torcen a súa vontade de votarvos, teredes un bon resultado.

Anónimo disse...

Porqué este ano o concello de Sober non colaborou na financiación da viaxe dalgún neno saharaui?, será porque este tipo de iniciativas non dan votos?.
Un saúdo

Anónimo disse...

Posiblemente porque non comprendan a dramática situación do pobo saharaui.
Con pouco máis de 1.000 €, que era o que custaba traer ás 2 nenas que viñeron o ano pasado (a cuias familias de acollida lles dixo o Concello que lles volverían a financiar a viaxe este ano)farían que 2 persoas se nutrisen correctamente durante dous meses, que tomaran un respiro do deserto no que viven, acordonados por forzas de "seguidade" marroquís, que estreitasen lazos cas familias de acollida que coñecen do ano pasado, que a xente de aquí nos concienciásemos sobre o terrible que é vivir expulsado da túa terra, abandonado das potencias occidentais.
1.000 € non son nada.