DIARIO DE CAMPAÑA

16-Maio-07

Non hai xente.

Esa é a principal impresión cada vez que visitas os lugares.

Algúns, coma o candidato, acostumados a recorrer os recantos do Concello xa nin se sorprenden. Outros, queixosos da falta de xente dos nosos pobos, abatímonos cando vemos zonas do Concello inda máis deprimidas.
Casas baleiras, casas residencia de verán, maleza invadíndoo todo, pobos fermosísimos abandonados, riqueza desaproveitada, xente que traballa lonxe, inda que lle gustaría vivir e traballar aquí, xente que se sinte soa e desprotexida no seu pobo, sen veciños...
¿Como podemos felicitar ó PP pola súa xestión se despois de tantos anos na Xunta, na Deputación e no Concello o resultado final é este?
¿Como podemos calificar unha situación de próspera se o Concello perde poboación en máis de 50 habitantes por ano?
¿Como podemos non preocuparnos se a renda per capita non supera os 8.000 € ó ano, menos da metade do Estado?
E non foi por falta de fondos. Ou, ¿cantos millóns se derrocharon no "embarcadoiro" dos Chancís?; ¿canto se invertiu nunha piscina que non funciona despois de 10 anos?; ¿cantas pistas e obras se fixeron co criterio de beneficiar a particulares e non segundo o interese xeral? E, en cambio, ¿que políticas de posta en valor dos nosos recursos se fixeron?
A solución, a medida que pasen os anos, estará cada vez máis lonxe.
Para o BNG de Sober esta pasa por definir e executar as infraestructuras básicas (traída, auga, saneamento, accesos a explotacións, vías...), sen derrochar en obras innecesarias, revalorizar o noso sector primario, con criterios de alta calidade e innovación, fomentar o comercio local, crear solo industrial, rehabilitar os pobos e as vivendas e poñelas en aluguer para a xente moza, pensar o Turismo como, xa o dixemos, unha "fonte de riqueza para toda a poboación, un estímulo para o desenvolvemento acorde co noso medio natural e unha oportunidade para profundizar na fecunda e descoñecida Historia do noso pobo."
Non cremos que sexa o futuro de Sober basar o seu desenvolvemento só no Turismo; é perigoso, pois faremos depender o noso futuro do exterior.
Un pobo cos sectores productivos desmantelados non ten futuro.
Na política hai que pensar a longo prazo; non só se trata, en palabras do Candidato, de "xestionar uns votos para que che sigan votando".
É importantísmo preocuparse polos servizos;
pero é fundamental garantir un Futuro para o noso pobo.

17-Maio-07

Foto elixida para o díptico no que vai un resumo do noso Programa de Goberno e a candidatura completa.


MITIN: SEVERINO RODRÍGUEZ, CANDIDATO Á REELECCIÓN COMO ALCALDE DE MONFORTE
Un milleiro de persoas asistimos ó mitin do BNG en Monforte.
Interviñeron:
Ana Casal; Mª Xosé Vega; Anxo Quintana; Severino Rodríguez.




















18-Maio-07

Alfonso e Óscar ensobrando papeletas na mesa da cociña da casa da Paula. Hoxe toca Gundivós.









































19-Maio-07

Unha cea despois de andar por Doade, Santiorxo, Barantes... Especie de "lasaña" de macarróns, salchichón, chourizo e de postre macedonia.










20-Maio-07
Repartindo o programa electoral fronte á capela de Pipín, Bulso.


12 comentários:

Paula Verao disse...

No mesmo día, 17 de Maio, gravábanse as entrevistas para a Cadena Ser ós candidatos de PSOE e BNG á Alcaldía de Sober. Hoxe, 18 de Maio, escoitabámolas na radio, xunto ca entrevista á candidata do PP, que tivo o privilexio de responder ós outros candidatos. Así que, eles presentaron propostas e queixas e ela, ademáis disto, puido rebatir as deles.
Tratábase de entrevistas, non dun debate. Nese caso, o BNG tería resposta (e, ¡que respostas!) para a intervención do PP.

Anónimo disse...

Qué falta de ética por parte da candidata do PP, máis xa nos ten acostumbrados a todo tipo de artimañas, non podemos esperar menos dela.
Un saúdo.

Anónimo disse...

Tanto boicot a Cadena Ser, con retirada de publicidade e de tertulianos do PP dos programas da cadea, de TVE, véxase 59"", pero aquí vale todo e os principios apartanse a un lado durante a campaña.

Anónimo disse...

O peor é a falta de ética da sua amiguísima Manola Porto, algo que non debe de facer unha persoa que se considere unha boa profesional.

Anónimo disse...

-Votarei por xente que non "carreta" ancianos.
-Votarei por xente que non obliga aos votantes a doblar a papeleta nunha esquina para saber a quen votaron esas persoas.
-Votarei por xente que non obliga aos ancianos enfermos a votar por correo.
-Votarei por xente que si eu, rapaz do BNG, teño unha noiva do PP poda ser feliz coa miña parella, máis, si tí rapaza do PP tes noivo do BNG insinuaranche que o deixes, estragando a túa felicidade.
-Votarei por xente que NON engana ás familias decindo que este ano recibirán axuda de Vicepresidencia(BNG) todas as persoas que o soliciten, non é así, este ano 2007 só a recibiran os GRANDES DEPENDENTES, nos vindeiros anos serán os demáis.
-Votarei por xente que non obliga a ninguén a empadroarse baixo pena de non recibir axudas do concello (véxase un punto de luz, o asfaltado dunha pista, un postiño dunhos meses,ata que a subvención dure).
-Votarei por xente que o día de reflexión (prohibido por lei facer campaña) NON VAI POLAS CASAS CÁMBIANDOLLE A PAPELETA DO VOTO AOS ANCIANOS QUE PENSABAN VOTAR POR OUTRO PARTIDO QUE NON FORA O PP
-Votarei por xente que non se deixa "achantar", xente forte, con ideoloxia forte, non amenazamos con formar LISTAS PARALELAS, para que nos metan de traballadores no concello, xente LEAL ós seus compañeiros , o seu partido os seus veciños, os seus conciudadanos.
VOTAREI BNG, COA FORZA DA RAZÓN ,faremos cidadáns LIBRES, NON SUMISOS A/O CACIQUE DE SEMPRE, porque na primeira década do século XXI non podemos seguir igual que hai 50 anos, temos dereito os habitantes de Sober a ter futuro.

Anónimo disse...

Keremosoutroalcalde, gracias polo teu comentario.
Anímasnos a seguir adiante.
E que teña por seguro a xente que nos vote o día 27 que faremos unha Oposición firme e responsable.
Todos e cada un dos nosos votantes merecen que traballemos arreo por un Sober Libre.
Porque sabemos o duro que é poñer a Razón e a Liberdade por riba de todo nun Concello coma o noso.

Anónimo disse...

-Votaremos BNG porque pensamos uns concellos para vivir e sermos felices neles, non para satisfacer ningún ego estraño.
-Votaremos BNG para que todas as parroquias e lugares sen excepción teñan auga, luz e saneamento xa.
-Votaremos por Alfonso Campos Pérez, porque aínda onde o non coñecen saben ben quen é.
-Gobernaremos consultando aos viciños, antes de encargar proxectos de estradas, que atravesen hortas e cortiñas ou cabeceiras de lameiros.
-Recuperaremos os nomes propios da nosa bocarribeira para nomear miradoiros e chammarémoslles: miradoiro do Colado da Cividade ou do Castro da Cividade e miradoiro do Colado do Boqueiriño.
-Poremos os nomes tal e como aparecen no nomenclátor: en galego (tamén O Outeiro -de Bolmente-)
-Recuperaremos a Fontela da Barriga (entre Barantes e Santiorxo, debaixo da Riba.-
-O cemento que se bote nas pistas da ribeira: ou se contrata persoal para botalo en todas e cada unha, ou que cadaquén bote o seu.
-As prioridades dos accesos ás viñas discutirémolas nas parroquias e cos viciños, coas asociacións de viticultores e cos que non están nas asociacións e cada ribeirao saberá cando se lle vai abrir ou gobernar a pista que vai á súa viña.
-Tomaremos en serio o problema da auga. Cunha diferencia de altitude de máis de quiñentos metros entre Canaval e O Vidual a auga de beber e cociñar non é necesario que saia do Cabe. Hai que ir pensando en almacenala nos altos e ila repartindo polos núcleos de poboación.
-Habendo sol e auga como hai en Neiras e Canaval, que horta non se fará en vez de piñeirais.
-E si: gobernaremos para cidadáns libres que fan Galiza desde os concellos, concello o de Sober pensado para todos os veciños, tamén para ti.

Anónimo disse...

Dende A Coruña, ánimo BNG!!!.

Anónimo disse...

Eu estou intrigada por ese amor imposible entre unha do PP e outro de BNG. Quero pistas, xa sabedes tipo adiviñanza

Anónimo disse...

Non vou satisfacer o teu morbo, as pistas buscaas tí soiña xa que eres a máis intelixente do concello.

Anónimo disse...

Creo que me estas confundindo ca Ministra de Cultura.

Anónimo disse...

Non, en todo caso sería co de Interior