AXUDAS REMATE EXTERIOR DAS FACHADAS

O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza do 1 de Marzo de 2007, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, o incremento das axudas do programa Remate Exterior das Vivendas no medio rural ata os 6.000 €, o que supón un incremento do 50% respecto das axudas establecidas no 2006.

A Consellería dedica en 2007 unha partida de 1,5 millóns de euros para sufragar estas axudas.
A subvención é o equivalente ao 30% do custe da obra realizada por un importe máximo de 6.000 euros, e as obras deberán efectuarse nos tres meses posteriores a notificación da concesión da axuda.

Con esta liña de axudas a Consellería pretende contribuír a que ningunha familia deixe de rematar a súa casa por falla de recursos económicos, fomentar a calidade construtiva das vivendas e tamén contribuír a frear o deterioro e o impacto sobre o territorio que provocan as vivendas inacabadas espalladas por todo o país.
A Consellería publicará nos próximos meses unha orde na que se concretará o comezo do prazo de solicitude e o orzamento que vai a destinar para estas axudas durante 2007.

Sem comentários: