Para escoitar a conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado acudiron á Casa da Cultura de Sober pero de 200 persoas.
Falou Beiras da importancia da Memoria, da Historia, para exercer de cidadáns conscientes do que somos. Tamén expuxo o papel fundamental do nacionalismo galego (emancipador) no proceso da chegada da Democracia a Galicia, desde os Mártires de Carral á actualidade, pasando pola IIª República.
Despois da conferencia, perto xa das dez e media, celebramos unha cea á que asistimos 49 persoas. Unha cea moi animada, na que non faltou a música nin agasallos autóctonos para o señor Beiras, "profesor".
Na conferencia lembramos a conciencia política das xentes de Sober no período da República e, a modo de homenaxe, despois de 71 anos, pronunciamos en público os nomes daqueles que morreron por defender un sistema democrático, coma o que agora "gozamos".
Xesús Verao agradeceu a asistencia a todos os presentes, ó conferenciante e ó Grupo de Goberno Municipal, por comprender que este acto debía de celebrarse na Casa da Cultura, casa de todos, e reclamou que na vindeira lexislatura o uso deste edificio se permita para actos políticos en campaña electoral, nun exercicio de normalidade democrática.
Despois da conferencia, perto xa das dez e media, celebramos unha cea á que asistimos 49 persoas. Unha cea moi animada, na que non faltou a música nin agasallos autóctonos para o señor Beiras, "profesor".
Sem comentários:
Enviar um comentário