MOCIDADE EN REDE

Coa idea de fomentar a participación e o asociacionismo xuvenil, a Dirección Xeral de Xuventude organiza unha serie de encontros coa mocidade galega, divididos por motivos organizativos en provincias e finalmente un de carácter nacional os días 27 e 28 de abril.
Os destinatarios son todos os mozos que participan en asociacións xuvenís, escolas de tempo libre ou técnicos de xuventude. Téntase achegar así a administración ao tecido asociativo xuvenil, para coñecer as súas demandas e tamén apresentar as políticas desenvolvidas.
Os encontros comezan o sábado 3 de marzo, co correspondente ás asociacións que traballen en comarcas encadradas na provincia da Coruña, o 3 de marzo, no Albergue Xuvenil de Gandarío, e continuarán en Lugo: 10 marzo, Ourense: 17 marzo, Pontevedra: 24 marzo.
Máis información en http://www.mocidadeenrede.com

Sem comentários: