Con esta lei, o departamento dirixido por Ánxela Bugallo, declara ó libro sector estratéxico e prioritario, e establece as bases para unha intervención integral na sociedade galega.
O libro é a peza fundamental para construir unha sociedade democrática, unha sociedade de individuos libres, que se comunican, coñecen, buscan e forman as súas propias ideas a través da lectura crítica. É certo que non todos os libros foron creados para liberar ós individuos, pero non é menos certo que, como dixo Unamuno, "cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee".
Así, a lei procura a formación dunha estrutura que favoreza a lectura como actividade prestixiada e valorada investindo na mellora das bibliotecas e creando un Plan de fomento da lectura, e potenciará a industria editorial galega con axudas á edición e á promoción do libro galego no exterior.
Os seguintes datos son de interese para o noso Concello (para consultar a lista completa do programa de investimentos da Lei do libro, visita a web da Consellería de Cultura e Deporte: http://culturaedeporte.xunta.es).
Bibliotecas
- Fondos: adquisión de fondos para bibliotecas públicas (libros, CD, DVD, etc.): 3,2 millóns de euros, en virtude dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Ministerio de Cultura. Desta cantidade, 1,2 millóns de euros corresponden á promoción da edición en lingua galega, mediante a compra das novidades das editoras galegas, para o seu envío ás bibliotecas.
- Mobiliario: equipamento informático e xestión do Centro Superior Bibliográfico e da rede de bibliotecas: 1,2 millóns de euros.
- Bolsas de formación: 234.000 euros para bolsas de formación de persoas tituladas en biblioteconomía e documentación.
- Fondos: adquisión de fondos para bibliotecas públicas (libros, CD, DVD, etc.): 3,2 millóns de euros, en virtude dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Ministerio de Cultura. Desta cantidade, 1,2 millóns de euros corresponden á promoción da edición en lingua galega, mediante a compra das novidades das editoras galegas, para o seu envío ás bibliotecas.
- Mobiliario: equipamento informático e xestión do Centro Superior Bibliográfico e da rede de bibliotecas: 1,2 millóns de euros.
- Bolsas de formación: 234.000 euros para bolsas de formación de persoas tituladas en biblioteconomía e documentación.
Fomento da lectura
- Actividades de fomento da lectura en colaboración con bibliotecas e centros culturais. 300.000 euros.
- Campañas de fomento da lectura relacionadas co calendario das letras e promoción da lectura en eidos como comercio, centros de saúde, medios de transporte, etc. 600.000 euros.
- Eventos relacionados co libro e a lectura: feiras do libro, salóns do libro infantil e xuvenil, semanas da lectura, etc. 260.000 euros.
- Fomento das actividades organizadas por asociacións de funcionamento de clubes de lectura. 240.000 euros.
- Convenios con entidades do sector do libro e da lectura (escritores, libreiros, editores). 100.000 euros.
OS LIBROS E A LECTURA EN SOBER
Se dicimos que os datos anteriores son interesantes para o noso Concello é porque a situación aquí, desgraciadamente non é moi esperanzadora.
Está moi ben promover a creación de pequenas coleccións de libros coma a que se vai facer en Neiras, pero lembremos que o mobiliario da Biblioteca Pública Municipal tambaléase, as estanterías non son suficientes e as ventás e persianas levan anos estragadas.
E hai unha excelente Biblioteca no Colexo Público que, facendo un convenio o Concello co centro, poderiamos desfrutar.
PROPOSTAS DO BNG PARA UN SOBER MELLOR
Para o BNG de Sober, o libro e a lectura é un dos eixos da política cultural.
- Mellora do mobiliario e do local da Biblioteca Pública Municipal.
- Adquisición de material básico para o estudo (diccionarios especilizados, libros básicos das materias centrais de Primaria e da ESO, Atlas completos...).
- Adquisición de novidades literarias.
- Creación dunha sección de idiomas completa.
- Celebración continua de actos participativos relacionados cos libros para familiarizar á infancia co uso regular da Biblioteca.
- Adquisición de fondos de cine clásico e de boas películas actuais e organización de sesións de visionado comentadas.
- Creación dunha ampla fonoteca.
(Máis no noso Programa Electoral... Proximamente...).
Sem comentários:
Enviar um comentário