Sober atopouse un día de xullo do 36 co fascismo enterrando a liberdade en fochas anónimas; pasando polas ármas a democracia; convertindo en escoria da sociedade ós seus defensores, porque, como din algúns, "estaban metidos en política"
Despois de décadas de fascismo adoutrinador, o PP que nos goberna só sabe contestar que "en todos os bandos houbo cousas"
Dende o B.NG de Sober reivindicamos a palabra, a luz, a dignidade dos que se mobilizaban para reclamarlle ó poder os seus dereitos; reivindicamos ó último alcalde democrático antes da barbarie, que debería ser rehabilitado na memoria dos veciños; reivindicamos ós que defenderon a legalidade, a tantos que morreron, ás familias obrigadas a renunciar ós seus como se foran delincuentes, ós que arriscaron a vida por protexer ós seus veciños doutras ideas, ás "xentes do común" que sufriron a lousa da sin razón e lles fixeron crer que os salva patrias actuaban polo seu ben.
A memoria non quere a revancha. A memoria quere o coñecemento para, dende a verdade, contribuir a un mundo de homes libres sen medos e sen mentiras; un mundo que devolva a dignidade ós que lles foi roubada. Non se trata de ir contra ninguén, senon a favor dos que sufriron, dos que tiveron que gardar para sí a anguria e a humillación durante demasiados anos.
Dende o B.N.G de Sober cremos na memoria e pensamos que se o poder democrático existente non reivindica a democracia debe ser porque a Transición non chegou a algúns lugares, ou, ó mellor, porque tan só é, para moitos, unha lene pelica para disfrazar as vellas ideas doutrora. Senón, non se exprica.
Dende o B.N.G de Sober cremos na memoria e pensamos que se o poder democrático existente non reivindica a democracia debe ser porque a Transición non chegou a algúns lugares, ou, ó mellor, porque tan só é, para moitos, unha lene pelica para disfrazar as vellas ideas doutrora. Senón, non se exprica.
Na foto: Antonio Pérez García, "Rei", director da Banda e alcalde de Sober pola Fronte Popular dende as eleccións de Febreiro de 1.936 nas que a coalición de esquerdas obtivera a maioría dos votos no noso municipio, entrando a formar parte da Xestora Local xentes humildes (labradores e xornaleiros).
Foi condenado a prisión, mais fuxiu coa súa dona a Cuba, onde foi recoñecido coma un gran compositor.
A foto está tomada da revista Cultura Gallega, editada na Habana en Xuño de 1938.
Sem comentários:
Enviar um comentário