AXUDAS PARA VIVENDA


A Consellería de Vivenda e Solo deu un xiro radical á anterior política de vivenda do PP: desorde urbanística, feísmo, dificultade para o acceso á vivenda, fraude na concesión de vivenda protexida...

Así, o departamento dirixido por Teresa Táboas, aposta pola creación de solo empresarial, pola ampliación da vivenda protexida e a transparencia na concesión desta, pola rehabilitación de conxuntos históricos, pola erradicación do chabolismo e a infravivenda rural e pola mellora da calidade da vivenda no medio rural.
Ademáis das actuacións e inversións directas da consellería, existe un amplo catálogo de axudas para vivenda: axudas á xente moza para a adquisición de vivenda protexida, axudas para rehabilitación de vivendas de promoción pública, para o remate exterior de fachadas ou para a rehabilitación integral de núcleos rurais, entre outras.


Pódense consultar na páxina web da Consellería de Vivenda(http://www.xunta.es/auto/igvs/index.htm), ou ben nas 4 sedes provinciais do Instituto Galego de Vivenda e Solo, ou na súa sede central en Santiago.

Sem comentários: