LAS COMADRES DE LA VILLA DE SOBER ACUDEN A UN CURSO DE INICIACIÓN A LA LENGUA ESPAÑOLA

La Opinión de La Vere(d)a
16 – II – 07
Redacción Sober
LAS COMADRES DE LA VILLA DE SOBER ACUDEN A UN CURSO DE INICIACIÓN A LA LENGUA ESPAÑOLA (“Ese gran idioma, esa gran nación”)
Desde la pasada semana, las comadres soberinas se aplicaron en el estudio de la lengua castellana, en una master class impartida por el Ayuntamiento de Sober, para presentarse algo más decentes al público ayer jueves.
Las comadres, que solamente sabían expresarse en la porquería del idioma gallego (por tener la desgracia de ser una tradición galaica), y proferían continuamente palabras malsonantes como lorgueira, pexa, chícharo, bolboreta o cotolovíu, se mostraron muy satisfechas de poder aprender un idioma de prestigio. “É que o castelán é belido, non coma o bruto galego, que soamentes serve para gardar o gando polos lameiros reverdecidos ó chegar a primaveira entre o marzo e o abril” – nos confesó la comadre número tres-.
Una de las primeras actividades del curso de castellano fue aprender a decir correctamente los nombres de Sober. Así, en lugar de la atrasada expresión Cotiño do Xardón, las comadres memorizaron: “El pequeño alto de las encinas jóvenes”. O en lugar del engorroso Colado do Boqueiriño, los maestros del curso corrigieron: “Se dice Cotarro nº 2” – que es más chic-.
En esta institucional fiesta, cuyo tradicional sentido es la alabanza y gloria de los proyectos inacabados de nuestros gobernantes, como bien supieron captar ayer las comadres de Sober, no se echó en falta ni el cuelgue de las comadres en los altos ni la chocolatada, tradiciones bárbaras y obsoletas, que no resisten comparación con las graciosas y lindas, hasta más enxebres, comadres castellanizadas.

6 comentários:

Anónimo disse...

Necesitaba unha aclaracion: As comadres de Sober -da vila de Sober- falaron galego. Recordo que as comadres son feitas polos homes, e eu que fun o que lle puxo voz nos letreiros, non pronunciei nin unha so palabra en outro idioma que non fose o galego -o unico idioma que sei dominar e que uso sempre- incluso mais que moitos que presumen de galego-flantes.
Si e certo que os compadres -feitos polas mulleres- falaron no seu xoves en castelan.
Por certo non sei o idioma das comadres de Anllo ou Matamá, pero repito que as de Sober falaron e falaran sempre en Galego normativo de Sober.

Anónimo disse...

Moi "bueno". En Sober o mundo si que está o revés, o entroido sempre foi unha representación satírica da realidade ; agora parece que se leva facer alabanzas o cacique. Felicidades

Anónimo disse...

por certo, cambiade de mes porque fevereiro non existe no diccionario da Real Academia da Lingua Galega, aínda que tamén pode quedar moi "chic"

Anónimo disse...

Os mundos mudan, a xente continua. E gratuito criticar a quen fai algo; e mais doado elle criticar o que non fai nada.
As comadres fanse como se pode. A intencion e para anos vindeiros falelas de palla, colgalas nos altos -ainda que eso e o de menos- queimalas en publico e comer unha boa chourizada xa que o chocolate non se considera tan do pais como o chourizo.
As cousas deben ter continuidade, e pouco a pouco recuperar no que se poda o mais tradicional, ou eso e o que se pretende, ainda que non todo sae como se quere.
Deixemonos de caralladas e subamos todos o mesmo carro.

Paula Verao disse...

Vaia, parece que a broma das comadres (que iso é, unha broma, facendo referencia á institucinalización do Entroido, do que somos responsables todos, é certo) tivo máis eco que outras propostas e críticas serias e interesantes que fomos publicando neste Blog.
En todo caso, alédanos moito que todo o mundo opine e se nos critique, que así, coa crítica TODOS melloramos.
Respondendo ós comentarios:
- Nada que obxectar ao feito de que os homes de Sober fixeran as comadres, ¡ogallá todos os pobos tiveran!
- O que nos resulta digno de mención é que a colocación de comadres e compadres se organice desde o Concello (nada que dicir dos traballadores que se esmeraron en facelas, e que inclúa alabanzas á xestión municipal.
- Nos vimos moitos letreiros en castelán, en compadres e comadres, e resultounos, canto menos, chistoso.
- Fevereiro é portugués. O Blog está en portugués porque non podemos poñelo en galego, e portugués e galego son o mesmo idioma con grafía distinta e certas variantes. E porque nos dá a gana.
- Nos só nos subimos ó carro daqueles ós que nos importa que o país (e as nosas terras de Sober), se desenvolvan, chegando o benestar a todas as xentes, sen importarnos que nós persoalmente levemos os méritos. Iso de subirnos ó mesmo carro soa a que os gobernantes de Sober son uns altruistas e debemos apoialos porque deixan a pel en cada decisión que toman sen obter nada a cambio. JA, JA.

Anónimo disse...

Estamos a falar somentes entre dous -o blog e mais eu-. Iso quere dicir que o blog non ten moita repercusión.
Minto, creo que somos tres -eu sei de sobra que o blog esta en portugues e fevereiro e portugues-.
Unha aclaración: As duas comadres que falaron castelan -estaban fora do grupo- e foron feitas por unha persoa allea o grupo xeral, que estaba formado por concellais do grupo de governo, traballadores municipais e xente de a pé. Foron convidados a participar preto de 70 homes de Sober,Vilela, Proendos, Millan e Sistin do Mato preferentemente. Como ocorre case sempre a xente desmarcase, moitos con desculpas e outros sen aviso.
Eu sinto que non haxa mais colaboración veciñal. A xente pincha -temos que facer isto e facer o outro- e logo chamanse antonte.
Esperemos poder facer un grupo que se encargue de recuperar todo o entroido no Concello de Sober xa parq o ano vindeiro. Asi haber se sementamos centeo para contar con palla para compadres e comadres, recuperar as coplas cun concurso, continuar co "BAILE DA CACHUCHA", e outras cousas que surxan. O que ten que haber e continuidade.
Eu lembro que en Salcedo pasaron cerca de dez anos sen facer nada, foi recuperado o asunto do teatro e do oso e xa volve todo polo rego.
Aqui poderiase recuperar o domingo lambedoiro cun concurso e dugustacion de TRIPON ( VEXIGA ou ENCHIDO), o Corredoiro que tan ben funcionou fai catro ou cinco anos, os Xoves de Compadres e Comadres con queimas comunais e paseo de fachós que lembro eu non fai tantos anos. Logo o sabado en Sober o Luns -poderia facerse algo en Proendos ou na Carqueixa- e o Domingo e Martes turnarse entre Arxemil e Anllo.
Todo e posibel. Eu estouno vendo e xa vivindo.