INFORMACIÓN SOBRE AS GALESCOLAS

As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, superador do concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.
O proxecto Galescolas, Rede Galega de Escolas Infantís, estase desenvolvendo co cometido de dotar de escolas infantís públicas todo o territorio galego e une os tres piares básicos da aposta do Consorcio polas políticas sociais: calidade, identidade e compromiso de país. É este un ambicioso proxecto que busca superar as desigualdades territoriais e diminuír as diferenzas entre a Galiza urbana e a rural, con presenza en calquera punto do país independentemente do tamaño do concello e sen que dependa da disposición política do goberno municipal ou da capacidade orzamentaria daquel.
En colaboración coa Administración local e con entidades de iniciativa social estenderase a cobertura destes servizos, diversificaranse e dotaranse doutros equipamentos para mellorar os niveis de calidade na súa prestación, etc.
Nos dous vindeiros anos vanse poñer en funcionamento 121 novas galescolas, o que supón a creación de máis de 7.000 novas prazas e a creación de postos de traballo directos por enriba dos 1.200. A Xunta de Galicia comprométese a achegar cada ano un máximo do 40% do orzamento para o sostemento das galescolas, de maneira que lle corresponde un mínimo do 30% aos concellos e outro tanto aos usuarios.
Escolas de apertura no primeiro trimestre
Boiro: Seis unidades, 94 prazas, comedor e cociña.
Cambre: Seis unidades, 82 prazas, comedor e cociña.
Ortigueira: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Rianxo: Cinco unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
Fene: Catro unidades, 61 prazas, comedor e cociña.
Portas: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Pantón: Unitaria (dúas aulas), 20 prazas.
Cerdedo: PAI en funcionamento.
Vilaboa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Covelo: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
Crecente: Unitaria, 20 prazas.
Oia: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
Taboada: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Entrimo: Unitaria, 20 prazas.
Vilariño de Conso: Unitaria, 20 prazas.
A Rúa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Escolas de apertura no segundo trimestre do ano.
Poio: Seis unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
Vigo
Toén: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Ponteceso
Moraña: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña. Convenio de equipamentos
Vilamarín: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
Vila de Cruces
(Informarse no Concello onde se quere solicitar praza).
BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DAS GALESCOLAS:
http://www.igualdadebenestar.org/mediateca/outros/bases_galescolas.pdf

Sem comentários: