TRABALLO DO BNG DE SOBER 06/07

O TRABALLO DO BNG LOCAL NO 2006
Ó longo do ano pasado os militantes do BNG de Sober celebramos 5 Asambleas
[23 de Xuño; 21 de Xullo; 30 de Setembro; 17 de Novembro; 21 de Decembro] nas que definimos as liñas xerais do noso traballo para os vindeiros anos.
- Consideramos que a nosa principal función é, non só denunciar os despropósitos do Goberno Municipal, senon tamén, e sobre todo, plantexar alternativas para mellorar Sober tras o estudo da realidade do noso Concello.
Así, dividimos o traballo en áreas de responsabilidade e adicámonos a estudar diversos aspectos do noso municipio, elaborando informes [estado da Casa da Cultura; barreiras arquitectónicas; Turismo en Sober; necesidades deportivas; patrimonio histórico; realidade socioeconómica de Sober].
- Un punto importante da nosa actividade será a comunicación e diálogo coa cidadanía, de aí a creación no 2006 deste Blog, aberto a colaboracións a través da opción COMENTARIOS, e de Fervenza, revista de 23 páxinas onde se publican os informes citados.
- Preocupámonos por achegar ás xentes de Sober a importancia da negociación sobre o novo estatuto de autonomía cunha Entrevista clara e contundente sobre A necesidade dun Estatuto de Nación a Mª Xosé Vega Buján, que participou na Ponencia do Novo Estatuto.

DE CARA Ó 2007...
A primeira reunión da Asamblea Local do ano foi o 19 de Xaneiro.
De aquí a Maio, mes electoral, traballaremos no seguinte:
- Elaboraremos un programa electoral a partir do noso estudo da realidade de Sober, escoitando as necesidades e aspiracións da cidadanía, nun diálogo aberto cos veciños e veciñas.
- E ese estudo da realidae centrarémolo en definir as necesidades básicas de cada parroquia en materia saneamento, abastecemento e vías de comunicación.
- Poremos en marcha un boletín de 4 páxinas dirixido a todos os fogares de Sober.
- Manteremos xuntanzas con todas aquelas persoas que desexen achegarse ó noso proxecto, aberto a todas as xentes que desexamos desenvolver o noso Concello de xeito sostible, pensando no presente e no futuro, aproveitando as grandes potencialidades de Sober para crear Traballo e Benestar, sustituíndo as relacións caciquís polo intercambio de ideas, o debate e a organización da sociedade.
- Presentaremos unha lista electoral preparada para gobernar.
- Celebraremos actos públicos e participativos de interese xeral.

Sem comentários: