EXECUTIVA NACIONAL

A Executiva Nacional do BNG vén de efectuar o reparto de responsabilidades.
A proposta de Anxo Quintana recibiu a aprobación unánime dos presentes.
[Santiago de Compostela, 16 Xaneiro 07.]
Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG, anunciou en rolda de prensa o reparto de responsabilidades na Executiva da formación frontista. Este quedou definido na reunión que mantiveron onte os dirixentes nacionalista, na cal a proposta feita por Quintana recibiu o voto unánime de todos os presentes. Os cargos deste órgano serán os seguintes:
Secretario de Organización: Alberte Ansede

Secretaria de Finanzas: Clara Millán

Secretario de Acción Municipal: Roberto Mera

Secretaria de Comunicación: María Xosé Bravo

Secretario de Imaxe e Propaganda: Mario López Rico

Secretaria de Acción Institucional: Ánxela Bugallo

Secretaria de Acción Feminista: Rosario Fernández Velho

Secretaria de Acción Social: Cristina Amor

Secretario de Formación: Francisco Rodríguez

Secretario de Alternativas Programáticas: Xosé Manuel Beiras

Secretaria de Relacións Exteriores: Rosana Pérez Fernández

Secretaria de Mocidade: Ana Pontón

Pola súa parte, Amada Traba comunicou a súa intención de abandonar a Executiva por razóns de índole laboral, polo que entrará no órgano de dirección do BNG unha nova persoa, que asumirá a responsabilidade de Emigración. Ademais, Anxo Quintana como Portavoz Nacional e Francisco Jorquera como Coordenador Executivo completan este organismo interno.


Sem comentários: