Só nos queda o 20% dos bosques primarios, o que supón o 7% da superficie da Terra.
Os bosques primarios, ou virxes, son "florestas que foram formadas maioritáriamente por eventos naturais e que nao sofreran grande impacto por parte de actividades humanas. A vida na Terra depende das florestas virgens. Elas regulan o clima, flitram o ar, limpam a água e previnem erosoes, sendo ainda o habitat de dois terços de todas as espécies de plantas e animais terrestres. Nas florestas vivem igualmente milhares de pequenas comunidades humanas, que dependem delas para a súa sobrevivência."
Xa que a industria editorial é unha gran consumidora de papel procedente de bosques primarios, Greenpeace lanzou a campaña internacional Libros Amigos dos Bosques. Este proxecto trata de conseguir que os libros sexan impresos en papel que non conteña madeiras orixinarias de bosques virxes: trátase de papel que emprega principalmente fibra de papel reciclado, engadindo soamente fibra virxe procedente de bosques que conten co certificado FSC, que garante a súa sostenibilidade. Editoriais e autores de todo o mundo uníronse a este proxecto.
Dende o BNG de Sober apoiamos esta iniciativa, elaborando as nosas publicacións en papel reciclado.
Propoñemos ó Goberno Municipal que se adquiran para a Biblioteca Pública Municipal algúns dos libros Amigos dos Bosques editados no Estado, entre eles As Intermitências da Morte, de Saramago, El Zorro e Inés del alma mía, de Isabel Allende ou La Tierra herida, de Miguel Delibes e M. Delibes de Castro.
A lista completa dos Libros Amigos dos Bosques pode consultarse na páxina web de Greenpeace.
O PAPEL AMIGO DOS BOSQUES FUNCIONA
É común a opinión de que o papel reciclado non pode ser empregado en impresoras de gama alta. Sen embargo, os libros impresos en papel reciclado ou en papel "amigo dos bosques" demostran que estes tipos de papeis cumpren todos os requisitos para as impresións de calidade.
Reciclar papel é máis eficiente que producir papel virxe. ¡Por cada tonelada de papel usado case se consegue unha de papel novo! Ademáis, o papel pode reciclarse hasta 6 veces. Por iso, é importante que levemos o papel usado ó contenedor azul.
Un Concello gasta moito papel ó longo do ano.
Así, dende o BNG de Sober, propoñemos que se impriman as publicacións do Concello, comunicados á veciñanza, carteis, etc, en papel reciclado ou en papel co certificado FSC. Mesmo se poderían imprimir os documentos administrativos nalgún dos moitos tipos de papel reciclado de alta calidade dispoñibles no mercado.
Empregando papel reciclado contribuímos á conservación dos bosques virxes do planeta.
Para máis información:
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/bosques
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/bosques
Aquí pode consultarse como imprimir en papel FSC.
Sem comentários:
Enviar um comentário