DEPORTE EN SOBER

A POLÍTICA DEPORTIVA DO PP EN SOBER
- Escasa oferta de actividades deportivas.
- Planificación de actividades pensadas, case sempre, para a capital municipal.
- Abandono e infrautilización das instalacións deportivas.
- Non adquisición de material deportivo para o Virxe do Carme nin para as parroquias con locais sociais.
- Trato desigual ós clubes de fútbol.
- 8 anos sen rematar a piscina municipal e sen acometer seriamente o problema de escaseza de auga no Concello.
- Non aproveitamento dos ríos Cabe e Sil para o deporte.
PROPOSTAS DO BNG PARA UN SOBER MELLOR
- Mellora e mantemento das instalacións deportivas.
- Adquisición de material deportivo para o Polideportivo do colexo e para as parroquias, colaborando coas asociacións veciñais.
- Maior apoio económico e diálogo cos clubes e asociacións deportivas.
- Adecuación das instalacións para as persoas con problemas motrices.
- Apoio para a celebración de actividades lúdico-deportivas nas festas parroquiais.
- Recuperación dos xogos tradicionais.
- Apoio ós deportistas con aptitudes.
- Integración do Deporte co medio natural e coa oferta turística: aproveitamento dos ríos Cabe e Sil para o deporte, manténdoos limpos e acondicionando zonas para o baño, e promoción de rutas de sendeirismo e do ciclismo.
¡¡¡É ESCANDALOSO QUE SE TARDE 8 ANOS EN REMATAR AS OBRAS NA PISCINA E QUE, POR RIBA, O CONCELLO NON SE ESFORCE EN SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE FALTA DE AUGA!!!
Podes ler un amplo artigo sobre o Deporte en Sober en Fervenza.

2 comentários:

Raposo disse...

O Concello de Sober ten, creo eu, únha débeda histórica co Río Sil.
E o BNG de Sober non debería esquecerse dela.

Anónimo disse...

Non todo e certo: O Sober leva o nome do Concello -o nome que nos representa a todos. Esta nunha categoria superior. Sempre fixo mellores temporadas co Rio Sil canda estaban na mesma categoria -menos una ano-.
E ten hoxendia 9 sogadores do Concello de Sober.
O Rio Sil non tivo sempre todolos xogadores de Sober. Moitos son pegadizos e outros ata de cuarta xeneración.
Este ano o Sober case seguro que ainda ascenda outra categoria.