@S MOZ@S EXISTIMOS

O goberno municipal disfrázase habitualmente de "enrollado" e preocupado pola xuventude, pero as iniciativas levadas a cabo neste senso son escasiñas e, en grande parte, pura propaganda.
Un exemplo son as xornadas denominadas "Sen ton peroconson".
No tríptico elaborado e na páxina web do Concello infórmasenos dunha serie de actividades a celebrar entre Decembro de 2006 e Marzo de 2007. Das xornadas de Cooperación internacional de Decembro cambiaron o día case sen avisar, polo que a asitencia de xente foi mínima, e a anunciada exposición fotográfica non se viu por ningures.
Agardaremos a ver que sucede co resto de actividades anunciadas, pero a credibilidade do Concello é ben pouca pois, como xa comentamos neste Blog, gustan moito de anunciar bárbaras actividades na prensa que despois non se celebran.

A NON-POLÍTICA DE XUVENTUDE DO PP EN SOBER
- Falta de coñecemento da realidade: moitos xoves teñen aspiracións e iniciativas que non son apoiadas polo goberno local (concertos, asociacións...).
- Ausencia de diálogo coa xuventude: o único contacto cos xoves do Concello por parte do goberno local foi unha carta cun pequeno cuestionario hai uns anos.

PROPOSTAS DO BNG PARA UN SOBER MELLOR
- Xuntanzas cos xoves para definir a programación anual de actividades e axudas para a xente moza.
- Información actualizada de axudas das administracións para xoves.
- Aumento das bolsas para transporte.
- Fomento da participación da xente nova na organización de actividades festivas no Concello (Feira do Viño...).
- Habilitación da chamada Sala de Exposicións da planta baixa da Casa da Cultura para Local Xuvenil.
- Adquisición de material de tenis de mesa e boleibol, deportes que interesan a rapaces de Sober.
- Actos informativos e participativos sobre as drogas, a sexualidade, os problemas emocionais e transtornos alimenticios que máis afectan á xuventude.
- Apoio á creación de empresas.

Sem comentários: