SOBER: ALGÚNS DATOS DEMOGRÁFICOS BÁSICOS.
Fonte: Instituto Galego de Estatística.
POBOACIÓN TOTAL
Padrón Municipal de Habitantes 2006.
TOTAL: 2.895 persoas.
Mulleres: 1.591 (56 %). Homes: 1.514 (44 %).
POBOACIÓN POR GRANDES GRUPOS DE IDADE. ANO 2006.
De 0 a 15 anos: 148.
De 16 a 64 anos: 1.415.
De 65 e + anos: 1.409.
DESCENSO DE POBOACIÓN. ANO 2005.
No ano 2005, morreron 71 persoas.
Producíronse só 3 nacementos.
Emigraron 102 persoas.
Censáronse no Concello 90 persoas.
RESULTADO: ¡¡¡NO ANO 2005 SOBER PERDEU 80 HABITANTES!!!
DATOS ECONÓMICOS DA POBOACIÓN
Segundo datos do ano 2001, por cada 100 persoas do municipio, só 31 estaban no mercado laboral. Este é un número baixísimo (a UE, un dos espazos económicos do chamado Mundo Desenvolvido con menor taxa de actividade, contaba con aproximadamente 64,2 persoas activas por cada 100 habitantes en 2002; o Estado Español con 58,4.).
Isto supón, para entendelo de forma simple, que o salario de 31 persoas tén que chegar para manter, a maiores, a 69 persoas: infantes, anciáns e desempregados.
Tamén hai que ter en conta os elevados niveis de paro rexistrados en Sober: por cada 100 persoas en idade de traballar máis de 15 atopábanse no paro no 2001.
Este dato tamén supera a taxa media de paro da Europa Comunitaria no 2001 (Europa dos 15),
un 7,4 %, que foi en aumento desde este ano.
un 7,4 %, que foi en aumento desde este ano.
Claro que, tamén están as pensións, principal fonte de ingresos do Concello, pero o reducido volume destas non basta para garantir un bo nivel de vida de todos os habitantes de Sober.
De feito, a renda media en Sober é de aprox. 8.000 € por habitante ó ano, cifra moi reducida comparada coa media por habitante ó ano no Estado Español: aproximadamente 17.400 €.
A nosa renda per capita seméllase á media de países coma Costa Rica (7.500 €), Croacia (8.600 €) ou Polonia (8.850 €).
EN RESUMO: Sober é un dos concellos máis envellecidos de Galicia e de Europa; un concello con poucos habitantes en relación á súa superficie (e ós seus abundantes recursos e potencialidades) que, ademáis, perde poboación a pasos axigantados, sen que a escasa emigración consiga palialo. Ademáis, moitas das persoas que abandonan o municipio son xente en idade de traballar.
Nin a entrada na UE, nin a política do PP durante todos estes anos na Xunta e no Concello, coa súa pésima xestión e reparto partidista das axudas europeas, nin a tan cacarexada solidariedade do Estado Español coas rexións desfavorecidas nos sacaron de pobres. Sí, o sector do viño beneficiouse (inda que os pequenos adegueiros sufren o seu cos vaivéns do Mercado) pero, convén preguntarse se este despregue económico alcanzou a toda a poboación ou se, pola contra, multitude de actividades productivas que antes deixaban riqueza a moita xente de Sober (venda de leite e carne, augardente...) se viron drasticamente reducidas polos criterios do mal entendido Progreso.
As forzas políticas do municipio temos que situar no centro do debate e da acción política os alarmantes datos socioeconómicos de Sober: unha poboación envellecida, onde a xente en idade de traballar se ve forzada a emigrar pola falta de oportunidades, ou a depender dunha pensión dun familiar maior está condenada á desaparición: ¿como habemos de manter os fillos con 500 € ó mes por familia, por exemplo?
Reclamemos non só subvencións para facer as numerosas infraestructuras básicas (e administremos ben esas subvencións, non de xeito partidista e sen atender as prioridades), senon esforcémonos por elaborar un Plano de Desenvolvemento Económico para o noso Concello, que comparte co Sur de Lugo, máis ou menos, a mesma situación.
Sem comentários:
Enviar um comentário