A OPOSICIÓN NECESARIA

Cun Goberno municipal, desastroso en moitos aspectos, que, sen embargo, cre que "vivimos no mellor mundo dos posibles", é necesaria unha Oposición constructiva, firme e vixiante.
Dende o BNG de Sober, queremos darlle un novo pulo ó noso traballo dende esta perspectiva: denunciar despropósitos, levar adiante iniciativas de interese e propoñer alternativas á política do PP, poñéndonos ó servizo das xentes de Sober.
Somos unha forza política preparada para gobernar, porque estudamos a realidade de Sober, e desde o coñecemento a fondo desta realidade, elaboramos un proxecto político para desenvolver o municipio: un proxecto de futuro, sostible económica e medioambientalmente, que aproveite a enorme riqueza de Sober para crear Traballo, Igualdade, Xustiza e Benestar; proxecto que plasmaremos no noso programa electoral.

A POLÍTICA DO PP EN SOBER
- SUBDESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Ausencia de proxecto que creara postos de traballo estables e productivos; non se atraeron nin crearon empresas; temos unha alta taxa de paro e emigración de xente nova; desaprovéitanse as enormes potencialidades para o desenvolvemento agrogandeiro e turístico.
- PÉSIMA XESTIÓN DA AUGA E DO SANEAMENTO
Falta auga para o consumo humano; hai perdas no abastecemento; a auga do Cabe é de mínima calidade; gastáronse moitos cartos nunha piscina que está sen rematar; a maioría dos pobos carecen de sistemas axeitados de tratamento de augas residuais.
- FALTA DE RESPETO POLO MEDIO AMBIENTE
Hai centos de vertedoiros incontrolados; fíxose a custosísima obra do embarcadoiro dos Chancís, cortando o curso dunha fervenza e, por riba, sen que o catamarán poida entrar cando o río está baixo; non se informa sobre os riscos dos productos fitosanitarios nin se controla o seu uso; falta de apoios ás enerxías renovables, coma a solar.
- POBREZA CULTURAL
Nos últimos 4 anos asistimos a longas tempadas sen actividade cultural organizada polo Concello; falta de apoio ós grupos musicais soberinos; desinterés pola rica historia das terras de Sober e polos seus fitos (petroglifos, castros...); elaboración dun PXOM que nin sequera incluía a catalogación de patrimonio da Xunta; desinterés absoluto polo patrimonio arqueolóxico (falta de estudos, de sinalización...).
- FALTA DE DEBATE E DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Sem comentários: