25 NOVEMBRO


“O 25 de novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de implicar aos gobernos e ao conxunto de organizacións de carácter social na sensibilización a respecto do grave problema que constitúe a violencia de xénero.
É pois, unha data para a denuncia, de concienciación social, mais tamén un día para propiciar a reflexión e o compromiso de toda a sociedade galega sobre a violencia que se exerce contra as mulleres polo simple feito de ser mulleres.”
Para rematar con este tipo de terrorismo, coas ameazas e coaccións, cos máis de 50 asasinatos de mulleres que que se producen anualmente no Estado español, son necesarias medidas legais (endurecemento das penas, axilización do funcionamento da xustiza...) e a acción coordenada de todas as administracións para prestar apoio ás víctimas e garantir a súa seguridade e a súa reinserción. Neste senso, é importante a “inicicitiva posta en marcha pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza, de dotar ao noso país dunha Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.”
“Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.” Para previr a violencia temos que comprender que a raíces deste problema son:
1. “As relacións de poder historicamente desiguais entre homes e mulleres.” Estas desigualdades home-muller seguen existindo en todo o mundo, e incluso se agrandan. As mulleres, a nivel mundial, pero tamén no Estado español e en Galicia, sufren máis paro que os homes, perciben menos ingresos polo mesmo traballo, sufren maior precariedade laboral, ocupan máis horas nas tarefas domésticas e nos cuidados de persoas dependentes e a súa alfabetización é menor. Son máis pobres, e en moitos casos aguantan unha situación de maltrato porque non son independentes economicamente.
2. A idea (compartida tamén por moitas mulleres) de que as relacións afectivas implican perda de liberdade individual e posesión d@ outr@.

Sitios de interese:
www.andainamulleres.org - Revista Galega de Pensamento Feminista.
www.alecrin.org - Grupo de estudios sobre a condición da muller.
www.feminismo.info - Marcha Mundial das Mulleres.
* O texto entrecomillado pertence á Declaración institucional no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, elaborada polo BNG para os Concellos.

Sem comentários: