CURIOSIDADES CURIOSAS I

O ascensor da Casa da Cultura leva 10 anos "fóra de servicio".
Son 10 anos (desde a inauguración do edificio en 1.997) causando molestias ás persoas con dificultades de mobilidade. Por exemplo, alguén en cadeira de rodas non pode acceder á Biblioteca, e para ir á planta baixa, tería que dar un rodeo por detrás da Casa do Concello (pois tampouco hai rampas, como xa se publicou neste Blog) e descender pola estrada, pois a beirarrúa e demasiado estreita.
O peor é que este caso non é puntual. O edificio da Casa da Cultura presenta outras carencias que xa se teñen denunciado: ventás e persianas rotas e deterioradas, mobiliario da Biblioteca caendo a pedazos, calefacción a altísima temperatura (mesmo algúns días que non se precisa), infiltracións de auga, suciedade xa endémica (un edificio tan grande e complicado de limpar merecería cada ano unha limpeza a fondo por parte dunha empresa especializada), ordenadores fóra de servicio longas tempadas, Sala de Exposicións infrautilizada...

3 comentários:

Anónimo disse...

Tendo en conta que a pirámide poboacional nese concello é invertida, con unha poboación envellecida necesitada de todo tipo de axudas asistenciales, entre outras as que vostede di (ou non usan ese espacio no que tantos eventos culturais ¿inexistentes? presume o PP de facer) pois non comprendo como ese partido pode sacar mayoría tras mayoría.Tan inxenua e a xente?
Saúdos

Anónimo disse...

Grazas ó BNG(por denuncialo)e a Consellería correspondente o Concello construirá rampas de acceso para persoas discapacitadas en Sober.Tamén é certo que estamos en precampaña electoral e cando pasen as eleccións esto quede en nada como tantas outras cousas. De momento hai un comunicado de prensa do Concello na Voz 28/04/2007.

Paula Verao disse...

Si. O BNG de Sober sentímonos partícipes da solución ó problema das barreiras arquitectónicas en Sober (sentimos que se cumple o de "oposición necesaria"). As istitucións fixeron o correcto neste caso.
Léase: o correcto, o que teñen que facer. E é xusto recoñecelo.
O problema é que durante moitos anos de goberno do PP, cando as institucións facían algo, fose o correcto ou calquera cousa mínima, moitos adláteres (sexan medios de comunicación ou peloteiros de turno) presentábano coma un acto de xenerosidade de "nuestros estupendos gobernantes".