Xa está iniciada a distribución dunha copia a todos os fogares de Sober.
Tamén o temos dispoñible en formato Word. Para conseguilo envía un correo electrónico a benegasober@hotmail.com
Tamén o temos dispoñible en formato Word. Para conseguilo envía un correo electrónico a benegasober@hotmail.com
2 comentários:
Paréceme moi boa idea o da revista. Todo o que sexa dar información sobre a política municipal ás parroquias axuda a facer opinión.
Bótase de menos unha información sobre os presupostos anuais pasados do concello.
Así como unha proposta de accións concretas no Concello para o futuro.
Estase a imprimir o Programa de Goberno do BNG de Sober, que precisamente leva por título: Para termos Futuro, con liñas de actuación xerais e propostas concretas para desenvolver Sober. O Programa estará dispoñible a principios de Maio e entregarémolo a toda a veciñanza durante a campaña electoral, que comeza oficialmente o 11 de Maio.
(De todos os xeitos, xa fomos insertando algunhas propostas, en materia de Desenvolvemento Rural, Deportes, Turismo... E no Editorial da revista Fervenza, da que inda nos quedan exemplares).
En canto á información sobre o orzamento ordinario do Concello no 2006, como non temos representación no consistorio, a única información é a do Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Efectivamente, esquecéusenos darlle publicidade, así que, para toda persoa interesada, ó ORZAMENTO DO CONCELLO PARA 2006 pódese acceder en: http://www.boletines.org/boplugo/boplugo.asp?id=21113
Gracias polas opinións.
Enviar um comentário