
Será a calor, a fin do letargo das caducifolias ou o nacemento dos pitiños, pero vén coincidindo tamén un aumento de nacementos das criaturas humanas por estas datas.
Así, cando no ano 1999, ou 2003, se produciu un aumento do número de habitantes do Concello de Sober, díxenlle ó Alfonso:
- A primavera, mon ami, ¡cantos cumpreanos coinciden nestas datas!
- A primavera, mon ami, ¡cantos cumpreanos coinciden nestas datas!
Mais, despois matinei nun detalle que se me pasara: o número de nacementos non aumentara, seguía a ser o ermo de sempre.
Pensei na causa de tal fenómeno e caín na conta de que ambos anos eran anos electorais.
Busquei na páxina web do INE e, eureka, alí estaba a resposta: o que aumentaba eran os electores, o Censo de Residentes, as persoas maiores de 18 anos, con dereito a voto, censadas no Concello.
Busquei na páxina web do INE e, eureka, alí estaba a resposta: o que aumentaba eran os electores, o Censo de Residentes, as persoas maiores de 18 anos, con dereito a voto, censadas no Concello.
Coas eleccións municipais en Maio, o censo electoral aplicable era o censo a 1 de Marzo (primavera) e, en efecto, fronte a meses anteriores, nos cales o censo electoral de residentes en España descendía a razón de 5 persoas, máis ou menos, por mes, en Marzo de 2003 o censo aumentara en 26 persoas con respecto ó mes anterior.
Retruco: ¿será que durante a primavera dos anos electorais se toma unhas vacacións a Parca? Inda así, 26 persoas son moitas, ¿será que en Primavera é máis atractivo o noso Concello para establecerse nel e, claro, pasados uns meses o censo volve ó seu devir habitual porque a xente censada en Marzo se da conta despois de Maio que Sober non lle gusta e volve censarse no seu lugar de residencia. Ademáis, xa en Decembro de 2002 se producira un aumento anómalo.
Agardo con impaciencia a que se publique o censo a 1 de Marzo de 2007 por ver se se repite o fenómeno.
Agardo con impaciencia a que se publique o censo a 1 de Marzo de 2007 por ver se se repite o fenómeno.
A Primavera o censo altera.
SOBER - CENSO ELECTORAL DE RESIDENTES EN ESPAÑA
1/FEBREIRO/2003: 2.8691/MARZO/2003: 2.895
16 comentários:
No Saviñao este ano estase a investigar un aumento do censo anómalo. Sae hoxe no períodico.
O PP está detrás das "infladas" do censo, ¡que mágoa que non se poida demostrar salvo en casos de familiares directos de cargos do PP! E, inda así...
ÁNIMO.
O alcalde de ARES Manuel Cendán imputado por presunto delito electoral.
O xuiz de instrucción número 1 de Ferrol dictou auto contra o alcalde de Ares Jose Manuel Cendán (PP) e unha funcionaria municipal por presuntos empadronamentos irregulares co fin de inflar o censo electoral. No auto indicase que se seguirá procedemento abreviado e abrese un prazo de 10 dias para que tanto o ministerio fiscal, como as acusacións particulares, formulen escrito de acusación solicitando a apertura do xuizo oral ou o sobreseimento da causa. Con anterioridade ás eleccións municipais do 2003, os grupos políticos BNG, PSOE e UPAres fomularan distintas denuncias de empadronamentos masivos "en garaxes, direccións inexistentes e no domicilio do alcalde". Reclamaban investigar arredor de 200 inscripcións no padrón e no censo consideradas irregulares. O Partido Popular obtivo a maioria absoluta en Ares no 2003 por un marxe de 47 votos.
BNG DE ARES
ABAIXO AS ARTIMAÑAS PARA-LEGAIS DO PP
No podeis demostrar nada.
Anónimo,eso de que no podemos demostrar nada es una suerte de admitirlo; tranquilo-a, ya lo demostraremos.
Con esa frase patibularia, en ton seco e chea de raiba, admites que sí inflades o censo;e tanta a tua prepotencia en tan poucas palabras que da mágoa pensar que sexas de Sober.
No soy de Sober.
Hai 251 municipios en todo o estado e 51 entidades menores (de momento) sendo investigadas polo aumento desproporcionado dos censos; persoas censadas en vivendas ruinosas en adegas etc. O caso paradigmático é un pequeno concello de Castellón chamado Santa Magdalena de Pulpis onde o alcalde do PP gañou as eleccións do 2003 só por 4 votos e agora ten censados 11 veciños (3 por aquí 4 por acolá ,etc, en casas deshabitadas e en ruinas)e estanno envestigando.
Por agora o que mais campaña esta facendo antes de abrirse o plazo para a mesma e o bng,que xa mandachedes polas casas unha revista, ou e casualidade que saira nestas fechas, cando viñades falando de que ia sair fai non sei cantos meses, asi que de vez en cando mirade para dentro da vosa casa que tedes moito que barrer.
A revista que enviamos saiu a finais de Marzo por cuestións de "intendencia"; é certo que esperabamos sacala antes, pero non puido ser. E terá continuidade, só que en lugar de chamarse "A Xibia" terá o nome de "Bloque Sober" e será a toda cor.
Evidentemente, se non a continuamos debedes tirarnos das orellas, pero isto non vai suceder. Ademáis, xa fixemos unha revista en Novembro, a Fervenza, que tén o encanto de ser a primeira e estar feita case artesanalmente.
En canto a actos de precampaña: ¿?. Creo que estamos a desenvolver un traballo de Oposición transparente e útil, sen caer na descalificación nin na campaña sucia.
Desde cando enviar unha revista que se vai editar periodicamente e facer campaña anticipada, desde nunca, o que ti fas e intentar intoxicar, para eso vós que o día 6 de Maio tedes o que chamades "chocolatada e baile para os nosos maiores" eu chámolle a iso manipulación dos nosos maiores que como o candidato do BNG di son fonte de sabiduria e non moreas de votos manipulados, vós si que facedes campaña visto que as municipais son o 27 de Maio.
Tedes razón de todo o bon se aprende ou preguntarlle a Quintana, que xa apareceu en bastantes festas de maiores e como o voso candidato di o que debedes recoller na revista e a fonte de sabiduria dos nosos maiores pra que non se perda, enton si que vos creerei e pensarei que sodes distintos e que creedes nos ideales, na perfección ata entón so me demostrades que ca revista estades facendo campaña e como vexo que tedes o candidato perfecto eu o propondria pra santo e que o coloquen o lado do San Amaro, que ben quedaría, SAN ALFONSO,patron da esperanza nunca se perde.
Un saúdo.
Mira que che molestou a revista, o único que pretende e informar; a xente, aínda que non sexa do Bloque gústalle estar informada e recibea con gusto; non se dixo que fora o candidato perfecto sinon o mellor candidato, parece que o coñeces ben, acaso non serás unha amistade perigosa?.
Pois esto vai ter díficil solución (hoxe por hoxe)
Dentro de pouco entrará en vigor a reforma do Código Civil, consensuada polo PSOE e PP nas Cortes, os netos e bisnetos de españois terán a nacionalidade e tataranetos serán españois e así en progresión xeométrica todos os tata, tata, tata que veñan,
dándose a circunstancia de que en moitos municipios haberá máis residentes ausentes de cuarta ou quinta xeración dentro de unhos anos que veciños , ou sexa que máis de metade dos habitantes de Arxentina poderán votar en tódolos comicios que se celebren en España, para botarse a tremer!!!.
Imaxino que o goberno de turno de Madrid terá que facer algo porque a situación é demencial.
Realmente non me molesta a revista, e entendo que a fagades, o que trato de reflexar e que o fin tódolos partido políticos perseguen o mesmo e nin uns son tan bos nin outros tan malos, e creo que nesto Beiras deu un exemplo nunha conferencia que tivo en Sober, onde dixo que unha cousa son as intencións e as ilusións e outra a dinámica na que caes sexas do partido que sexas, de todos modos gústame o tono conciliador de OS DE ACO, e de este ultimo anonimo, e non o tono prepotente,falton, amargado de outros anonimos que sairon. E si quen sabe, o mellor son unha desas amistades "perigosas"...
Un saúdo
Perdoa, non hai ningún anónimo en ton prepotente, faltón, amargado ,eres ti que acabas de escribilo e de paso chamarnolo como xa nolo chamaron antes e sí hainos, son os que escribides algún de vós;repasa os "post".
Un saúdo.
Enviar um comentário