Arde Galiza - O BNG pide "explicacións" da Xunta polos incendios e incide na importancia da prevención


O portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, manifestou que "alguén terá que dar explicacións" respecto dos incendios que se están producindo en Galicia e considerou que, máis aló da meteoroloxía, son necesarias os labores de prevención.

En rolda de prensa  preguntado a respecto dos reproches de Medio Rural pola falta de medios para perseguir incendiarios, Aymerich incidiu en que "os montes non van deixar de arder" porque haxa máis efectivos, posto que "aos pirómanos deténselles despois de prender o lume".

Neste sentido, subliñou que haberá que realizar "labores de prevención" e preguntouse "se terá algo que ver" que non leven a cabo eses traballos con "que se estea despedindo ao persoal de Seaga ou que os coches estean aparcados nun polígono industrial" en lugar de estar no "monte".

"Alguén terá que dar explicacións", salientou Carlos Aymerich, quen lembrou que o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, compareceu hai dúas semanas. "A comparecencia debería ser agora", xulgou, e espera que "a semana que vén" o Goberno galego dea explicacións sobre "o que está a pasar".

3 comentários:

Anónimo disse...

Segue ardendo. Sober cheira a fume. O presidente de viaxe na Arxentina e Uruguay como recadador de votos do Rajoy e o conselleiro Juarez desaparecido. Así nos vai.

Anónimo disse...

Poderíamos falar de xustiza poética se a traxedia do lume non fora tan grande, as palabras que no ano 2006 verteu Feijoo contra a Xunta e o conselleiro de Medio Rural daquela Suárez Canal hoxendía ten que tragalas como grandes sapos que mexan na súa lingua viperina.

Anónimo disse...

Asco e vergoña!!!