UNHA CANDIDATURA PARA TRANSFORMAR SOBER


Como esta noite empeza,
a campaña electoral,
imos presentarvos hoxe
á xente do be-ne-gá.

O candidato á alcaldía, o Alfonso da Cortesa, é, en palabras do Óscar, "o mellor dos candidatos que pode ter Sober para a alcalde, ou presidente dunha asociación cultural, ou veciñal, ou para calquera organismo no que veciños e veciñas estén presentes, porque é esa clase de xente que se preocupa do ben común antes que do propio. Nunca vin a ninguén tan namorado desta terra e das súas xentes." 
Alfonso Campos Pérez é do Cima do Lugar de Francos de Proendos, músico, de profesión e afición, electricista titulado, peón de canteiría e arqueoloxía, labrego e cincuenta cousas máis. Sobre todo, é un bo veciño, o mellor que se poida ter.
 
De segunda vai unha rapaza que aínda non rematou a carreira de Historia - niso anda -. Paula Vázquez Verao é de Neiras e participa en, ás veces, demasiadas asociacións. Ten desempregado e desemprega pequenos traballos de mestra de música e guía turística.

No terceiro lugar, Óscar Alonso Díaz, de Veliños, Santiorxo, traballador en Factorias Fernández, de Sober, viñateiro - ribeirao de raza - e voz excepcional. Combativo e xuizoso onde os haxa. 

De número cuarto, Xesús Verao Pérez, toda unha institución no ensino e na viticultura. Director do IES Río Cabe, mestre de galego, adegueiro e tamén músico - e van xa catro na candidatura - é un histórico do nacionalismo galego na comarca, concelleiro do BNG en Sober en varias lexislaturas.

De quinto, Esteban José Sánchez López, operario nun taller de coches en Monforte e veciño das terras de Canaval, onde sempre está a pé do canón defendendo os dereitos da parroquia.

No sexto posto, o entrañábel e moi traballador Javier Vivirido Salgado, de Anllo San Martiño, imparte cursos de manipulador de fitosanitarios, traballa en prevención de incendios e en asociacións. Gran coñecedor do medio rural do municipio.

De séptimo, Juan Carlos Piñeiro Vázquez, autónomo no sector da construcción, de Refoxo, foi concelleiro do BNG en Sober.

No oitavo posto, un excelente mestre de Historia en Chantada, bo canteiro, "manitas" en xeral, viñateiro e gran cervexeiro: Diego Xesús López González, de San Martiño, Arroxo.

De noveno, Antonio Carcieri Domarco, panadeiro en Vilaescura, onde coce unhas bicas exquisitas.

No número dez, Ramón Martínez Díaz, traballador en prevención de incendios, das terras de Doade.

Pechando a lista, Manolo "da Carqueixa", Manuel Rodríguez Rodríguez, traballador nos xulgados de Monforte e vocal do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra como viticultor.

Fondos agradecementos a todas as persoas da lista e a todas aquelas que en todas as parroquias de Sober colaboran co BNG.

11 comentários:

Anónimo disse...

É unha moi boa presentación, coma sempre.
Moita sorte e a traballar.

Anónimo disse...

Forza BNG !!!. Sodes os mellores !!!.

Anónimo disse...

64.000 parados e paradas máis.
87.000 empregos menos.
70.000 fogares galegos con todos os seus membros no paro.
27.000 familias sen ingreso ningún.

Estes son os resultados de dous anos do PP en Galiza.
Se esto xa ocorre agora, que nos espera si gañan as municipais e se Rajoi "o irresoluto" chega ao goberno. Medo dan.

Anónimo disse...

Concellería para Javier Vivirido, o mellor cartógrafo da Ribeira Sacra e de toda Galiza.

Anónimo disse...

Noraboa pola lista. Desexo que os cidadáns de Sober den unha oportunidade de traballar a estas persoas, os cambios sempre son positivos e neste caso necesarios.
Sorte

Anónimo disse...

O meu voto xa o tedes.Änimo, traballade duro,camo ata agora.

Anónimo disse...

animo.sodes
os mellores.

Paula Verao disse...

Grazas a tod@s!

Anónimo disse...

Segundo o Progreso dous músicos disputan a alcaldía de Sober; mirando ao Alfonso e ao Luisiño do Regalado a diferenza é tan abismal que non hai ningún xenero de dúbida de quen debería ser o alcalde !.

Anónimo disse...

Moi ben a voceira do BNG na radio, nótase o coñecemento das necesidades do concello.

Anónimo disse...

Sentin non ir ao acto de Prisciliano; escoitar recitar e declamar ao Alfonso , persoa culta onde as haxa, e un dos mellores deleites que se pode ter.