O PP INCUMPLIU CASE TODO O PROGRAMA ELECTORAL

 * Despois de tantos anos, a maioría das parroquias seguen sen traída de augas pública nin saneamento

* Nin desenvolveron o polígono industrial nin crearon o viveiro de empresas.

* Non promoveron dende o Concello o arranxo das prazas nas parroquias nin a mellora da praza de Sober.

* Non se fixo o plan de sinalización dos núcleos: os turistas séguense a perder.

* Moito prometeron a lavandería, e diso non se viu nada, como tampouco do servizo de acompañantes á terceira idade nin do salón de baile para as fins de semana.

* Prometeron centros sociais en todas as parroquias, pero non contribuíron a iso.

* Non se crearon os puntos para recollida de envases de fitosanitarios.

* Non instalaron puntos de auga comunitarios na ribeira.

* Non se fixo nada nos ríos para ter lugares onde poder bañarse.

* Nin museo da música, nin aulas de formación, nin locais de ensaio: o goberno do PP non cumpliu co sector musical.

* Non crearon a feira da augardente.

Os programas electorais son para cumplilos cando se goberna, son un contrato coa cidadanía. O PP pode prometer o que queira, que demostrou que as súas promesas non valen para nada: incumpliron practicamente todo o programa!

6 comentários:

Anónimo disse...

Pobre Luisiño!, a Raquel de primeira na foto, destacando sobre os demáis, como si fose ela a que ten que sair elexida alcaldesa, non se da conta de que estamos no posraquelismo, para olvidar os oito anos de infausto raquelismo. infausto raquelismo de enchufismo, de soberbia, de tratar ao concello como si dun cortello se tratara, de despilfarro na xestión, o Luisiño con eses vimbios pretende ser alcalde!!!.

Paula Verao disse...

Ollo! Esta é unha foto do ano 2007.

Anónimo disse...

Deberias de avisar antes ou poñer no pe da foto que era do 2007, máis visto o mitin de Sober o comentario ten a mesma validez.

Paula Verao disse...

Boísima observación!

Anónimo disse...

Quero que Feijoo e compañía devolvan o importe do viño que beberon despois do mitin aconta dos adegueiros de Sober,a conta do concello, o viño é propiedade do concello, non do PP, os do PP si queren beber viño que o paguen.Vergonzoso!.

Anónimo disse...

Estase movendo.