II XORNADA DE SINALIZACIÓN DE VERTEDOIROS DE SOBER

Xoves, 21 de abril de 2011.
17:30 horas Queda para a semana vindeira, por causa da choiva. Xa avisaremos.
SOBER

Novamente, tiramos do GPS para sinalizar algúns dos centos de vertedoiros incontrolados de Sober.
Será este xoves, 21 de abril, saindo de Sober ás 17:30, diante do Casa do Concello. Podedes anotarvos para participar en benegasober@hotmail.com
Como fixeramos no 2007, sinalaremos nun mapa, indicando as coordenadas UTM, a situación de distintos vertedoiros e entregarémosllos ao Concello de Sober para demandar as seguintes cuestións (que xa foron expostas nunha moción do BNG rexeitada polo PP):



1. que se realice un inventario exhaustivo, por parroquias, dos vertedoiros existentes no Concello de Sober, coa colaboración de persoas voluntarias.
2. que se consulte con expertos en Medio Ambiente sobre a solución que se lle debe dar a cada vertedoiro, sobre todo aos de maiores dimensións.
3. que se proceda á recollida selectiva dos restos reciclábeis e ao selado dos vertedoiros, onde sexa posíbel.




Ademais da resposta que debería dar o Concello a este problema medioambiental que supoñen os "mil e un vertedoiros" de Sober, o fundamental é que nos concienciemos toda a sociedade de que a merda non desaparece, só se transforma, e que a cuestión do lixo non é ó estética - que tamén -, senón que os vertedoiros contaminan o medio, a nosa Terra, o único planeta que temos para vivir, chegando a ser un problema de saúde ambiental se esta contaminación se filtra ás augas que bebemos, á terra que cultivamos...

O que podemos facer, cada un/unha de nós: 

- non tirar lixo no monte e levar os trastos e escombro ao Punto Limpo que, por fin, funciona: en Canaval, os luns e xoves pola mañá (consultar aquí o funcionamento).

- consumir menos, evitando, no posíbel, o sobreempaquetado, as bolsas de plástico... reutilizar...

- levar unha bolsa para recoller pequenos refugallos cando imos pasear (latas, bricks, botellas..., que se atopan por moitos camiños).

Animádevos a participar, sexades ou non do BNG: esta é unha loita que nos atinxe a tod@s!

2 comentários:

Anónimo disse...

Pareceme unha idea marabillosa.

Anónimo disse...

Partido Reformista de Sober?. O Manote ás ordes do Luisiño?. Como se lle chama ao que fai o Manote cada catro anos?.

Poño o comentario aquuí porque o post vai de lixo.