As sete marabillas da economía española

Ignacio Escolar (tomado de aquí).

Unha. España é o país de Europa con máis paro: o 20,2% da poboación activa, o dobre da media da UE. É unha anormalidade absoluta dentro do primeiro mundo. É unha taxa de desemprego similar á de Mozambique (21%), Sudán (19%) ou Iraq (19%).

Dúas. Antes de que chegara a crise, España era o país con maior porcentaxe de contratos temporais de toda a UE; do mesmo xeito que o actual paro, a temporalidade tamén dobraba a media europea.

Tres. España é o país con máis billetes de 500 euros de toda a UE: un de cada catro está aquí. O 65% del diñeiro que circula en España está en billetes de 500. As cifras apenas baixaron do pinchazo da burbulla inmobiliaria e aínda suman 52.244 millóns de euros. Unha altísima porcentaxe deste diñeiro non se declara e deixa ao ano unha fraude fiscal duns 16.000 millóns. España é medalla de bronce en economía sumerxida de toda a UE cunha taxa próxima ao 20% do PIB; só gañan Italia e Grecia.


Cinco. O salario medio en España é de 21.500 euros brutos anuais: a metade que en Alemaña, Holanda ou Reino Unido. É unha media enganosa: o 63% dos españois é mileurista ou algo peor. España é un dos países da UE-15 con maior desigualdade económica, só por tras de Portugal. A taxa de pobreza é do 20,8%, tamén das máis altas da UE.

Seis. España é o único país de entre os 30 máis prósperos do mundo no cal o salario medio real non creceu nos anos bos. Entre 1995 e 2005, o salario medio real dos españois perdeu un 4% de poder adquisitivo; entre 1999 e 2006, os beneficios empresariais creceron un 73%.

Sete. España é o único lugar coñecido onde os autónomos e pequenos e medianos empresarios que pagan por módulos declaran, de media, menos ingresos anuais que os traballadores e os pensionistas.

Sem comentários: