A Xunta debe colaborar coa Deputación e implicarse economicamente nas melloras propostas en Sober

MOCIÓN que presenta o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) diante do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Sober para INSTAR Á XUNTA DE GALIZA A COLABORAR COA DEPUTACIÓN E IMPLICARSE ECONOMICAMENTE NAS MELLORAS EN SOBER PROPOSTAS ANTE A BAIXADA DO NIVEL DA AUGA DO SIL.

Na xuntanza que a Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Lugo mantivo coa Comisión de Turismo do Concello de Sober non se chegou, entendemos, a acordos concretos sobre actuacións en Sober ante a baixada do nivel da auga do Sil, máis que a declaracións de intencións sobre unha campaña turística específica no marco do Xacobeo.



O BNG de Sober está satisfeito coa proposta de alternativas á baixada do Sil que propuxo a área de Turismo da Deputación, pois ofertarase un turismo alternativo aos catamaráns, mellorarase o acceso en barca de viticultores e vitucultoras á Xabrega e, de ser viábel, solucionarase a inoperatividade do embarcadoiro dos Chancís, completando así o catamarán o circuito Doade-Os Chancís. Por iso, consideramos que a Xunta debe colaborar coa Deputación nesta solución, que foi ben acollida pola Comisión de Turismo de Sober, facéndoa máis ampla, en lugar de dicir que «cada administración tiene sus competencias, y de la misma manera que nosotros no le decimos a la Diputación qué es lo que tiene que hacer, esperamos de ellos la misma actitud.>>, pois a colaboración entre administracións é o mellor para a cidadanía.

Neste sentido, de facer máis ampla a solución que propón a Deputación, o BNG de Sober considera que, afectando tamén a baixada do nivel das augas do Sil ao sector vitivinícola, deben implicarse as áreas de Medio Rural e de Medio Ambiente na busca de solucións que redunden na mellora do traballo de viticultores e viticultoras.



Por todo isto, o BNG de Sober demanda do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

ACORDOS



1. O Pleno do Concello de Sober dirixirase á Comisión de Turismo para que esta se dirixa ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que se impliquen económicamente e colaboren ca Deputación e o Concello de Sober, nas melloras en Sober ante a baixada do nivel de augas do Sil.



2. O Pleno do Concello de Sober proporá, para que sexa valorado pola Comisión de Turismo, como actuacións a levar a cabo dende a Xunta de Galiza o arranxo de accesos a viñedos, dos accesos á Xabrega e Chanteiro e a preparación dun acceso para barcas en Portabrosmos.

5 comentários:

Anónimo disse...

me podrian informar del plazo que tiene el ayuntamiento para remplazar un poste del alumbrado publico, que la tiro el viento, un saludo, gracias

Paula Verao disse...

Se se refire a se o concello ten un prazo estipulado para estes casos, non nos consta. Pero recomendamos que o denuncie no Concello. Se nos di onde é, podemos facelo nós. Hai tempo un poste da luz pasou medio caído anos en Rosende, pero hai un ano, denunciamos un poste tirado polo vento en Proendos e arranxouse rapidamente, por iso animamos a informar no Concello do lugar exacto e levar unha foto.
Saúdos.

Anónimo disse...

el referido poste del alumbrado publico es en el pueblo de mer parroquia de proendos, frente a la casa cuñas, que lo tiro el viento en enero del 2010 lo notifique en el ayuntamiento al sr alcalde en diversas ocasiones, siempre me dice que lo pondra (pero cuando)

Paula Verao disse...

De acordo, xa o denunciamos nós tamén.

Anónimo disse...

GRACIAS espero que les hagan caso a ustedes.