O BNG critica a improvisación na XXX Feira do Viño de Amandi e a elección de Roberto Varela como pregoeiro

O BNG de Sober critica que, sendo esta a XXX edición da Feira do Viño de Amandi, non se promocionase o evento amplamente coa suficiente antelación. Por exemplo, non se coñeceu o cartel ata dúas semanas antes da feira.

Así, denunciamos o asunto cunha pancarta satírica na rotonda de entrada ao pobo de Sober que foi retirada horas despois de ser colocada.

Por outra parte, o BNG non comparte a elección de Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, coma pregoeiro da Feira do Viño de Amandi, pois as súas afirmacións sobre que a "Cultura galega limita", que está "ensimesmada e acomplexada" e a deturpación de topónimos galegos (Desván de los Monjes) non fan que sexa a persoa adecuada para promocionar o viño, elemento cultural de primeira orde, plantación que extenderon nesta Ribeira Sagrada os monxes de Cluny e do Císter, traendo tamén o desenvolvemento agrario e cultural, na época plenomedieval en que Galicia era centro político e económico de Europa e o galego, lingua actualmente ameazada pola administración teoricamente encargada de protexela, idioma normalizado no noso país e lingua de cultura e prestixio.

Non se entenda esto como ataque persoal ao señor Roberto Varela, senon como xesto simbólico de protesta ante un goberno da Xunta decidido a exterminar a Cultura galega.

Ademais, presentaremos unha solicitude ao Pleno do Concello para que se tome o acordo de non convidar a políticos en activo para pregoar a feira en vindeiras edicións.

1 comentário:

Anónimo disse...

Por quén?.Volve a censura, igual que as fotos censuradas en Valencia. Non teñen dereito a cercenar a liberdade de expresión dun colectivo.