GALIZA COMO TALLADA

... poderes económicos e políticos que, en medio século, expropriáronnos os "ríos esquecidos"e espoliaron os nosos recursos enerxéticos fósiles, esgotando en dous decenios os lignitos pardos d"As Pontes e Meirama. Nas mans dos depredadores e os seus cómplices cipaios, aquel noso potencial enerxético, no canto de enxendrar un desenvolvemento endóxeno racionalizado e sustentábel, agravou a "extraversión" da nosa economía e acelerou o perverso síndrome do "crecemento cara fóra", é dicir, os andacios do mundo subdesenvolvido que diagnosticaran os latinoamericáns Furtado, Pinto, Sunkel e demáis, poucos anos antes de escribir o Valentín o seu libro -e que il ben coñecía, por certo. Medio século perdido, viaxándomos de recú. Baixo o fascismo e sen autonomía, primeiro; en "democracia" e con "autoanemia", despois. E agora o vento, tamén. Disque o vento é noso -tamén o eran os ríos e os lignitos- mais os muíños do vento, certamente, non. A parte nacionalista do bipartito tentou dárllelos cando menos ao destinatario xordo indíxena, e mesmo obter un quiñón para a xente do común. Chegou o espolique do Galán, e restituíulles o "dominio eminente" aos depredadores. Canto ao destinatario xordo favorecido no intento (bi)partito e axiña desposuído na restitución aos amos da terra, ese pasou a facerse o mudo tamén: nin cando o atracan se defende.

Ai, Valentín! Se por acaso resucitases, seguro que retornabas de imediato á túa cova, a proseguir os teus paliques con "Un Ollo de Vidro", o alter ego do Daniel no alén. Estes de agora non saben nin quen eran un e outro. Dicímosllelo, só por amolar?: os que, coma ti e tantos outros de lei, asumiron Galiza como tarefa colectiva de emancipación aberta ao protagonismo popular como auténtico destinatario das súas mensaxes liberadoras. Non coma estes, que encarnan a antítese desa angueira liberadora. Istes que, ben claro está, só cobizan a Galiza como tallada: o natural e propio do carnívoro depredador.

Xosé Manuel Beiras en Galiza Hoxe (ler o artigo completo aquí).

1 comentário:

Anónimo disse...

Cánto gastou o concello nas festas? Trátase do mesmo xeito ás comisións de festas do resto das parroquias?
Un que alucinou coa horterada do rei de África e a mala copia do Escobar.