O BNG de Sober cre que se deben incluír, canto menos, as seguinte obras: (1) Extesión e mellora da rede de abastecemento e saneamento en Moradela e Vilaescura. (2) Extensión da traída xeral de auga, renovando a deteriorada instalación existente, aos seguintes núcleos da parroquia de Proendos: Mer, Froxán, A Carqueixa; e que se extenda esta obra ao núcleo de Corvelle. (3) Obra de traída e saneamento da parroquia de Lobios, que conta con manantial de auga na Lama de Lobios. (4) Saneamento de A Pena (Proendos).
Entendemos que a liña a seguir debe ser rematar os proxectos inciados e aproveitar os manatiais parroquiais existentes para acometer traídas e obras de tratamento de augas residuais. O BNG de Sober defende que o prioritario é a extensión destes servizos básicos dos que tras tantos anos de goberno do PP aínda carecemos, por iso propón que os máis de 501.939 € que corresponden ó noso Concello do Fondo Estatal se destinen practicamente só a obras de abastecemento e tratamento de augas residuais.
Por outra parte, o BNG de Sober pide que se convoque a todos os axente sociais soberinos (asociacións de todo tipo, especialmente as veciñais, Comunidades Veciñais de Montes en Man Común, grupos políticos, empresarios, etc) para o debate sobre que obras se han de executar con cargo a este Fondo.
Sem comentários:
Enviar um comentário