Primeiro foron os sí cariño, que ojos tan hermosos tienes, cuánto me haces gozar, vida... E as veciñas a burburiñar que si a idade, que si os cartos... En fin, envexas solapadas ante a promesa dun carallo grande e nervudo baixo os pantalóns.
Logo, viñeron os reproches, voltos susurro amantiño para Madeleine: "Tes a cea fría e a cona seca, e si quero augardente non me des a purrela"
E veu un tempo de medo ás veces, de bicos escasos e dor abondosa que Madeleine separaba en frasquiños estrictamente ordenados para reciclar convenientemente en esperanza indestructíbel. "¡Que unha non ha de morrer soa!" - pensaba-.
E as veciñas non dicían nada.
Pero, Madeleine era feliz, incomprensibelmente era feliz, dramaticamente era feliz tramando a súa tea de proteína fibrosa, máis resistente có aceiro, agardando, sen trampas nin veleno, a chegada do seu querido moscón.
* Para todas as Madeleines do mundo e para que espertemos todas as veciñas que non dicimos nada.
Sem comentários:
Enviar um comentário