Agora que está de moda entre os progres criticar a China cabe facerse a seguinte pregunta: ¿temos autoridade moral algunha europeos e estadouniodenses para denunciar o réxime chinés?
Esto non quere dicir que debamos minimizar ou relativizar a situación do gran Estado chinés, auténtica cárcere onde a mínima disidencia pode pagarse ca vida (con todas as diferencias rexionais, que China é ben grande), pero é unha pregunta que non debemos de esquecer cada vez que analizamos a situación do “Gran País do Centro”.
Estes días, ver a artistas e intelectuais (sen dubidar da boa intención dalgúns, oh), coma a “periodista” Karmele Marchante con pegatinas de Free Tibet e merchandising vario polos dereitos na China (de todo se fai negocio neste tempo, hasta do icono do Che) é a estampa do que significa o mundo actual: buenrollismo e frases emotivas de película americana para que os concienciados estén tranquilos e para que o Poder poida seguir medrando a costa da escravitude de millóns de persoas. Exemplos da hipocresía do sistema que nos envolve hai abondo: Fidel Castro es malo (porque as grandes empresas non poden facer negocios en Cuba, non porque lles preocupe a situación dos cubanos), Somoza, Ríos Montt ou Pinochet eran buenos, Hugo Chávez es un tirano – di o PP- (pero se estivesen eles gobernando e lles mercase armas non ían dicir ren), Marruecos e Arabia Saudita camiñan cara a liberdade (¡!) en cambio Irán é o centro do eixo do mal.

Está claro por que os USA quedan ridículos (macabramente ridículos) cando opinan sobre dereitos humanos pero tampouco a UE lles anda lonxe, pois apoia decididamente un sistema mundial sustentado na explotación das riquezas do mundo empobrecido por parte do Capital do mundo opulento. Se a UE fose o “a gran defendora dos dereitos humanos” que presume de ser (con todo, é o conxunto territorial con máis liberdade do mundo) e quixese liderar un orde mundial máis xusto renunciaría, por exemplo, a exportar e importar productos da China. Pero, actitudes morais coma esa están fóra de lugar no mundo en que vivimos. ONU e outras organizacións mundiais fannos crer que se está a traballar na reducción das desigualdades e na democratización (habería que aclarar que queren dicir realmente con esta palabra) de China con grandes declaracións de principios e intencións que suscriben os presidentes dos gobernos “avanzados” con caras circunspectas, pero a realidade é que ás empresas e gobernos de “Occidente” o único que lles importa de China é buscar a maneira de gañar a maior cuota de mercado nun país de máis de 1.300 millóns de habitantes.
Estes días, ver a artistas e intelectuais (sen dubidar da boa intención dalgúns, oh), coma a “periodista” Karmele Marchante con pegatinas de Free Tibet e merchandising vario polos dereitos na China (de todo se fai negocio neste tempo, hasta do icono do Che) é a estampa do que significa o mundo actual: buenrollismo e frases emotivas de película americana para que os concienciados estén tranquilos e para que o Poder poida seguir medrando a costa da escravitude de millóns de persoas. Exemplos da hipocresía do sistema que nos envolve hai abondo: Fidel Castro es malo (porque as grandes empresas non poden facer negocios en Cuba, non porque lles preocupe a situación dos cubanos), Somoza, Ríos Montt ou Pinochet eran buenos, Hugo Chávez es un tirano – di o PP- (pero se estivesen eles gobernando e lles mercase armas non ían dicir ren), Marruecos e Arabia Saudita camiñan cara a liberdade (¡!) en cambio Irán é o centro do eixo do mal.
Así as cousas, o máis terrible é que tod@s somos culpables (certo que uns máis ca outros): eu, por exemplo, escribo esto desde un flamante ordenador Made in China…
3 comentários:
Non podia estar mais claro. Estou dacordo co 100% do artigo, non sen antes engadir que en moitas, moitiisimas ocasions, a nosa querida Union Europea que tanto se lle enche a boca a moit@s de sentirse parte dela (case sempre sen saber que funcion cumple dentro deste podrido mundo) é a mais cretina e noxenta, ainda por encima do USA, porque tentan dar unha imaxe de Grande Estado do Benestar, cando son liberalistas e denfensores do agresivo libre mercado como os que mais (exemplo a proposta de aumento do horario laboral...)
Samanta Fdez Cortés
Que lexos quedan destes xogos olímpicos o espírito e a filosofía cos que o barón Pierre de Coubertin refundou os primeros xogos da época moderna, e que cerca dos versos de Quevedo "Poderoso caballero es don dinero".
Moitas gracias polos comentarios a ambos os dous: soberinos espallados por Galicia adiante.
A UE claro que xoga un papel protagonista no mantemento "deste podrido mundo"; certo que os que vivimos nela gozamos de maior liberdade que noutros lugares pero a UE é responsable, como a que máis, do comercio de armas, do tráfico de persoas (quizais, nisto, sexa a que ten máis responsabilidade), do novo colonialismo en África e América, do retroceso nas conquistas socias do último século, etc, ademais de ser unha grande hipócrita (por exemplo, apoiando ó Estado-Mafia de Xeorxia só porque lle interesan os oleoductos do Cáucaso).
E, xa que o BNG me permite a discrepancia pública (aínda que vou aceptar o que decida a organización, neste caso), eu son das que opino que non deberiamos presentar candidatura ó Parlamento Europeo: total, para pintar a mona e gañar un soldo indecente a conta do proletariado dos pobos de Europa...
P.D. Estamonos a poñer moi decimonónicos pero é que o mundo estase a poñer peor que no s. XIX.
Enviar um comentário