PARLAMENTARIOS DO BNG EN SOBER

O BNG traballa no desenvolvemento da Ribeira Sacra

Nunha xornada de traballo que o Grupo Parlamentar do BNG desenvolveu no Sur de Lugo, Doade foi o lugar elixido para analizar as oportunidades deste territorio cun percorrido en catamarán.
Os deputados poideron comprobar as dificultades do traballo na ribeira e a impresionante paisaxe humanizada ó longo de séculos de duro traballo de homes e mulleres ribeiraos. “A paisaxe só se conserva se está traballada” – dixo Ana Pontón -.
A Lei da Paisaxe debe velar por boas prácticas ambientais e por non destruír o territorio, pero o BNG estará vixiante para que esta norma non convirta a Ribeira Sacra nunha reserva natural mal entendida. O BNG entende a viticultura como un sector económico básico da zona, e por iso aposta por mellorar as condicións de traballo na ribeira co Plan de Infraestructuras Agrarias, do cal a Sober lle corresponden 1,6 millóns de euros para a mellora de accesos ás viñas e elevadores. Carlos Aymerich, portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, referiuse a que, por fin, tras o despotismo do PP, a Deputación recoñeceu que o Sur de Lugo debe recibir compensacións polo canon enerxético, pois foron moitos os danos económicos que os encoros trouxeron a esta zona e moi poucos os beneficios (lémbrese a baixa potencia de luz que aínda sufrimos e que a Consellaría de Industria está a mellorar coa reelectrificación de núcleos). Mágoa que o PSOE de Madrid reduciu unha parte do que se pagaba pola electricidade que producimos.

Cristina López Ferreiro referiuse ás melloras nos Servizos Socias da comarca dende a chegada do BNG á Xunta: residencias públicas, centros de día, galescolas... Pero tamén demandou mellor atención sanitaria no Hospital de Monforte.
Alfonso Campos foi o encargado de presentar as historia da nosa ribeira ós deputados nacionalistas, así como tamén as necesidades de Sober en materia de vías de comunicación, obras de saneamento e abastecemento de auga, deterioro do Patrimonio, etc.
Temos un territorio moi productivo, de Paisaxe e Cultura impresionante: o BNG quere liderar o goberno galego para compensar o atraso do Sur de Lugo.
Cremos na nosa Comarca como cremos no noso País. Traballamos nun proxecto transformador para esta Nación.

Sem comentários: