Custou moitas vidas obreiras acadar a xornada laboral de 8 horas diarias hai case un século. Agora, os ministros de traballo dos países da Unión Europea legalizaron o incremento da xornada laboral ata 65 horas semanais, xornada que legaliza a “semiescravitude” que xa viñan padecendo colectivos coma a construcción ou a hostalería. O único requisito para este incremento de xornada é un acordo individual entre a empresa e o traballador ou a traballadora, o que na práctica significa que a clase obreira queda desamparada fronte ó que lle esixa o empresariado.
Se a UE tivese aspiracións sociais tentaría igualarse polo alto, buscando que todos os estados membros se achegasen ós soldos e prestacións sociais de Holanda ou dos países escandinavos, e non polo baixo, recortando soldos ca escusa da man de obra barata dos países do Este ou privatizando servizos coma a Sanidade ou a Educación. A perxudicada é sempre a clase obreira: a dos países máis pobres, que se ven abocados a condicións laborais pésimas, e a dos países máis ricos, que teñen que aceptar cobrar menos e ter menos dereitos para poder “competir”.
Esta non é unha normativa que “cae do ceo”: é impulsada polo empresariado e alta política eropeos (¿diferéncianse en algo?) ca única finalidade de que as grandes corporacións obteñan maiores beneficios. O PP apoiou decididamente esta medida e o PSOE tamén, inda que “disimulou” abténdose na votación, o que é gravísimo nun partido que se chama socialista.
A UE e as grandes empresas fannos crer que traballando máis habemos ter mellor salario pero: ¿non é unha canallada que unha familia na que entran dous soldos non teña suficiente para vivir folgadamente?; ¿non é sádico pensar que 8 horas ó día non son xa demasiadas para adicarse a producir bens cuios beneficios non han de reverter precisamente na clase traballadora?
¿Vivir para traballar ou traballar para vivir? Está claro a quenes lles interesa que os homes e as mulleres sigan a gañar o pan coa suor da súa fronte.

NON Á XORNADA LABORAL DE 60 HORAS!!!
* Artigos interesantes:
Lo que significa la jornada laboral de 65 horas
Àngel Ferrero e Iván Gordillo
Àngel Ferrero e Iván Gordillo
Un salto atrás de cien años en el derecho laboral
José Luis Carretero
José Luis Carretero
Retorno a la jornada de 60 horas
Juan Francisco Martín Seco
Juan Francisco Martín Seco
Sem comentários:
Enviar um comentário