Cultura e a Universidade de Santiago elaborarán un mapa de risco das pinturas murais da Ribeira Sacra
Unha iniciativa moi positiva: coñecer o inmenso patrimonio que temos para poder conservalo e decidir que actuacións son prioritarias.
Cultura achegará 400.000 euros aos concellos para a organización de actividades culturais
Cultura subvencionará con 300.000 euros os concellos para mellorar as instalacións dos seus espazos escénicos
O Concello de Sober debería aproveitar esta liña de axuda; sería unha boa oportunidade para mellorar o aduditorio da Casa da Cultura, que ten goteiras, cortinas e asentos deteriorados e outros desperfectos. Habería que amañar as xuntas da madeira do estrado do escenario, así coma o cadro de luces. Faise necesaria tamén unha limpeza a fondo: os teitos teñen po e telarañas.
* Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. Un mes de prazo desde hoxe (9-maio). Ver orde no DOG (aquí).
Sem comentários:
Enviar um comentário