O GALEGO: DEREITO BÁSICO

Un dos obxectivos do BNG é que a lingua galega teña un uso normal na nosa sociedade, sen sufrir dificultades nin discriminacións, como calquera idioma normal do resto do mundo.

Hoxe estamos moi lonxe diso. O galego segue a ter unha presenza moi escasa nos medios de comunicación, na xustiza, na administración, na educación, nas novas tecnoloxías, na vida económica e en todo aquilo que condicione fortemente as relacións sociais. O castelán, como idioma do poder real, continúa desprazando ao galego nos seus usos e particularmente nas novas xeracións.

Non podemos permanecer inactivos e calados perante os ataques de sectores organizados que, baixo a cínica proclama do bilingüismo, transmiten a idea fantástica de que o galego é un idioma imposto e que o castelán é quen corre perigo.

Fronte a isto debemos ter claro que:

-A defensa e uso do noso idioma é o que nos identifica como pobo.

-Os seus dereitos e o seu uso significan o afán de posuír un espazo social, económico, informativo e cultural propios.

-A súa defensa, uso e status expresan o noso esforzo por termos un autogoberno real, por expresar vontade de nación.

2 comentários:

Anónimo disse...

Para que logo diga "Marianico" que en Galiza o castelán corre perigo!
Cando se visitan lugares coma Vigo, Coruña, Compostela, Betanzos, Ferrol, e mesmo Lugo, etc... sería unha boa práctica ir coa orella posta ca fin de estudar dúas variables: 1) a frecuencia do emprego do galego 2) a frecuencia do emprego español. Desta forma tan sinxela a xente daríase conta de que neste país e no hipócrita estado español o que sobra é cinismo.

Bernárdo González

Anónimo disse...

Tiñamos que facer como os irlandeses co gaélico, outrora denostado e agora mimado por todos, sobre todo as clases medias que envian os seus fillos a aprendelo de forma masiva, mais aquí temos unha clase media contraria a sua orixe, mediocre e papanata que cre que co castelán e o inglés, están os seus problemas solucionados e unha falla total de vontade política, sobre todo do PSOE para que o uso da nosa lingua sexa o habitual en tódolos ámbitos da nosa vida, e non so cando ""toca"" falar galego.
A hipocresía destes que saíron de sachar e chegaron a diputados, e o mais perigoso que pode ter unha lingua minorizada como a nosa, que non minoritaria, para o seu uso e espallamento, xa que embebidos do seu español atafagante e lucrativo en la Villa y Corte, desprezan o que mamaron e escoitaron dende o seu nacemento.