O BNG, desde a súa responsabilidade de goberno, aposta por situar ao noso país na vangarda da calidade construtiva a nivel de Estado, así como garantir o dereito á vivenda que asiste a todos os galegos e galegas para facer efectivo o cambio galego polo que tantos cidadáns e cidadás apostaron nas pasadas eleccións autonómicas.
O obxectivo das Normas do Hábitat Galego é mellorar a calidade das vivendas que se constrúen en Galiza e, por tanto, a calidade de vida dos galegos e galegas, tendo en conta, ademais, que se trata do maior esforzo económico que deben afrontar as persoas ou familias.
As normas estabelecen as calidades mínimas que deben reunir as vivendas que se constrúen neste país, para obter unhas vivendas máis amplas, con máis iluminación natural, máis accesíbeis para a xente maior e para persoas con mobilidade reducida, mellor integradas no territorio.

Exemplos de melloras:
· Incremento da superficie mínima: de 26 a 40 metros cadrados útiles (+83%).
· Incremento de todas as estancias: cociña de 7 metros a 9 (28%), o dormitorio dobre de 10 a 12 metros cadrados (20%), a zona de día (estar-comedor-salón) pasa de 16 a 21 metros cadrados (31%), o baño de 2 a 5 metros cadrados, para que poda ser usado por persoas en cadeiras de rodas. Ademais, a disposición dos aparatos sanitarios deberá ser tal que permitirá convertelo nun baño de uso adaptábel para persoas con mobilidade reducida segundo a normativa de accesibilidade.
· Incremento da calidade dos patios interiores: para ganar máis iluminación. De 9 metros a 16 metros cadrados.
· Incremento da calidade dos patios interiores: para ganar máis iluminación. De 9 metros a 16 metros cadrados.
· Incremento de ancho de corredores, de portas, da altura libre entre solo e teito: todo en aras de mellorar a accesibilidade.
· Todas a estancias serán exteriores, con algunha excepción que, nese caso, debe dar a un espazo interior ou exterior de calidade.
· Os ascensores deben comunicar a vivenda co garaxe e co rocho.
· Os garaxes deben ter espazo suficiente para saír e poder esperar para incorporarse á calzada sen invadir a beirarrúa. Tamén se incrementan as dimensións das prazas de garaxe.

As Normas do Hábitat Galego apostan por vivendas de máis calidade actualizando unha normativa -o Decreto de Habitabilidade 311/1992 até agora en vigor- que está obsoleta e que non responde ás exixencias de calidade da sociedade galega actual que ve como na última década se incrementou o prezo da vivenda nun 300% sen que iso supoña un incremento na calidade. Tratouse dun incremento do prezo especulativo, sobre todo derivado da especulación do solo. Ninguén se preocupou de que ese incremento disparatado repercutise tamén na calidade das vivendas dos galegos e galegas, e non é de recibo que sexan de novo os galegos e galegas os/as que teñan que esperar para ter vivendas mellores.
O BNG aposta por unha política de vivenda pensada nos intereses de Galiza e das maiorías sociais sen supeditarse a intereses particulares ou gremiais.
Entrevista a Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda (aquí), sobre as Normas do Hábitat Galego. "Este ano destinaremos aos concellos 1 millóns de euros para garantir o seu cumprimento."
Sem comentários:
Enviar um comentário