ESIXIMOS MELLORAS PARA A BIBLIOTECA

Levamos 14 anos co mesmo mobiliario na Biblioteca de Sober.
Hai cadeiras rotas, as mesas tambaléanse e as estanterías están “dadas de si” e quedáronse escasas.
Unha moción do BNG para renovar os mobles da Biblioteca foi rexeitada polo PP, que nin sequera se comprometeu a cambialos pouco a pouco. O PP di que o Concello non ten cartos para a Biblioteca pero, cos 1.740 € que custou a “colocación de arcos luminosos” da árbore de botellas do Nadal puidéronse mercar unhas cantas cadeiras.
É cuestión de prioridades.
Nota: A Consellaría de Cultura e Deporte ten un Programa de Dotación de Mobiliario ás Bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. Na web da Consellaría de Cultura comprobamos que de entre as subvencións concedidas no ano 2007 hai concellos similares a Sober que reciben de axuda o 90% do que gasten en mobiliario. (Véxao aquí). Así que, se houbese vontade política, poderíase renovar o mobiliario da Biblioteca Pública Municipal gastando moi pouco.

2 comentários:

Anónimo disse...

Axudas DE VICEPRESIDENCIA para nenos de 0 a 3 anos, DOG do día 3 de abril, 360 €.

Anónimo disse...

E que a única culta, a grande universitaria, a que nunca cotizou durante dez anos a Seguridade Social cartos procedentes dun traballo, a política profesional,..., e ela, que lle importa a cultura, todo e imaxe e marquetin, manipulación dos medios e da xente.