SOBER: (99% escrutado)
- Censo – 2.595
- Votantes – 2.068
/ PP – 1.288 (62,3%) [2004: 1.450] -
/ PSOE - 487 (23,5%) [2004: 507] -
/ BNG – 240 (11,6%) [2004: 182] +
/ IU – 8
/ OUTROS – 16
/ NULOS – 10
/ BRANCOS -16
· Abstención: 20,31% - Participación: 79,69% (4,37% máis que a media estatal).
Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera serán os deputados do BNG no Congreso.
· O BNG sube na Comarca de Lugo-Sul - Con respecto a 2004 o BNG pasa de 4.615 a 4.909 votos.
· O BNG sube en número de votos e en porcentaxe en Galicia: acada 209.042 votos, o 0.82% dos votos estatais. En Galicia, o BNG representa o 12,07 % dos votos.
· O BNG sube en Lugo: na provincia, o BNG acada o 11, 39 % dos votos, un 0,89 % máis.
Nun contexto de gran bipolarización, onde todas as forzas nacionalistas, salvo CIU, baixan, o BNG sube: o intento de varrer ós nacionalismos non funcionou en Galicia. Cumpliuse o que pronosticou Anxo Quintana durante a campaña: non houbo maiorías absolutas, o PP non gobernará e o BNG será decisivo na política estatal.
Anxo Quintana valorou os resultados tras o escrutinio. Na súa intervención, trasladou “o noso inmenso agradecemento a todos os cidadáns que optaron polo Bloque Nacionalista Galego porque son milleiros de persoas as que optaron polo BNG nunha situación difícil, unha campaña pensada para dous, pensada para consolidar o bipartidismo, na que se quixo excluír a Galiza. Mesmo nesa situación, milleiros de cidadáns optaron polo BNG e por colocar a Galiza no panorama político do Estado”.
Tal e como explicou o portavoz nacional do BNG, “sabemos que non era fácil. O fácil nesta campaña era optar polas dúas grandes forzas políticas estatais, pero é evidente que existen milleiros de cidadáns que, sobre todo e ante todo pensan en Galiza”.
Qintana dirixíuse a estes cidadáns para dicir: “pódolles asegurar que non se van arrepentir. Durante catro anos van ter moitas ocasións para felicitarse pola súa decisión porque comprobarán que a presenza do BNG en Madrid que eles hoxe nos outorgan cos seus votos vai ser positiva para Galiza e poderán ver representada o que foi a súa vontade e os seus desexos”.
O portavoz do Bloque quixo tamén “felicitar de todo corazón aos militantes, compañeiros e compañeiras do BNG” e asegurou sentirse “tremendamente orgulloso de ser o portavoz nacional desta organización política”. Son centenares de persoas que en toda Galiza fixeron un esforzo sobrehuman para poder conseguer este resultado. Grazas ao seu esforzo o BNG é case a única forza política que sube en votos e en porcentaxe, excluíndo ás dúas grandes forzas estatais”.
O líder nacionalista lanzou outra mensaxe clara á militancia: “se conseguimos superar este reto e superar esta situación tan difícil, é que podemos conseguir calquera cousa e todo o futuro queda nas nosas mans”.
4 comentários:
Canto me alegro da baixada en número de votos do Partido Único de Sober, PP+PSOE, porque é vergonzoso que o único concelleiro do PSOE no Concello se comporte como un do PP, equivocándose de adversario, os votantes que o elexiron xa se están dando conta dos froitos que da.
AVES MIGRATORIAS:
AVE-TREN: ave que co cámbio climático e político pode que chegue a Galiza.
AVE-CUCO: ave de Madrid que viaxa a Galiza cada 4 anos, canta 2 meses nas televisións, choca os ovos durante 15 días, reflexiona 1 día. Nacen os votopitos e regresa a Madrid.
AVE DE EMIGRACIÓN: ave endémica en Galiza, que vai aniñar fora, porque lle comen os ovos os avecucos.
¡Como cambiaron as formas de gobernar!. Un conselleiro do BNG inaugurando a Feira do Viño de Amandi. A que a Raquel lle di os seus votantes que Suárez Canal e do PP?, non me extrañaría nada, xa que a maioría deles non saben de que partido depende a Consellería de Medio Rural, e ela intentará rentabilizar a súa presenza en Sober, igual que a do Milucho, os tempos son idos e outros son chegados, o que non sabe Suárez Canal e como as gasta a alcaldesa de Sober cos seus conciudadanos, que goberna o municipio como si fora da súa propiedade, que baixo esa capa de populismo hai unha muller ambiciosa que non se para en nada para conseguir o seu medre politico, tal que Zaplana en muller, usando e tirando o seu antollo, mais non todo e responsabilidade dela, sinon dos que a deixan e a aplauden.
A Raquel sigue mentindo con referencia á Os Chancís cos seus mediáticos medios en Terras de Lemos A Voz e o Progreso, seguro que cando se tire un peido sacanno na prensa e din que cheira ben; haberá que recordarlle como foi o proceso dun obradoiro en época do alcalde vello que en principio ía para albanelería, foi para viticultura con visión de futuro, quen era o conselleiro dáquelas na Xunta, e onde estaba ela neses anos, quíxo ser a dona absoluta do Consello Regulador co acoso e derribo contra o seu Presidente pero saíulle o tiro pola culata e agora quere rentabilizar politicamente un traballo que é duns poucos, menos ela, e unha finca que é de todos porque é propiedade da Diputación
Enviar um comentário