VAI DE FESTIVAIS...

24 e 25 de Xullo, SANTIAGO DE COMPOSTELA, Campus Sur: zona de acampada, postos de comida, roupa, libros... Conferencias, mesas redondas, debate, ideas, tendencias, diversidade...
- PROGRAMA MUSICAL -
:: DÍA 24 ::
Loretta Martin (Galiza). Banda de funk-rock da cidade da Coruña, que usa o galego nas súas letras. Citan entre as súas influencias bandas como Jamiroquai ou Red Hot Chili Peppers.
Babylon Circus (Franza) Banda que mestura reggae, ska, jazz e música do leste europeo, nun estilo próximo aos famosos Mano Negra.
Terrakota
DJ Missil. (Franza) Artista que combina diversas influencias da música electrónica e o hip hop.:: DÍA 25 ::
Fía na Roca
Nancy Vieira (Portugal-Cabo Verde) Música Caboverdiana residente en Lisboa, estrela da chamada “world music” a quen a crítica nomeou sucesora de Cesária Evora.
Kroke
Así mesmo, os días 24 e 25 pola tarde haberá Café Concerto con actuacións de jazz e semellantes.
www.festigal.com

Sem comentários: