RESULTADOS DAS MUNICIPAIS 2007

* Compáranse os datos cas eleccións municipais do 2003.

1. DATOS XERAIS
· Censo electoral: 3.324
[2003: 3.488]
· Votantes: 2.234 (67,21%)
[2003: 2.482]
· Abstención: 1.090 (32,79%)
[2003: 28,4%]
· Votos en branco: 16 (0,72%)
· Votos nulos: 18 (0,81 %)
[2003: 15 votos en branco e nulos]

· Concelleiros: 11

- PP: 1.562 (70,49%) 8
[2003: 1.655 (66,44%) – 8]

- BNG: 404 (18,23 %) 2
[2003: 156 (6,26%) – 0]

- PSOE: 234 (10,56 %) 1
[2003: 373 (14,97%) 2]

[2003: INGA: 298 (11,96%) 1]


2. VOTOS A CANDIDATURAS POR MESAS ELECTORAIS
* A cifra color violeta corresponde ás eleccións de 2003; a de color laranxa ás de 2007.


SOBER
PP - 328 - 341
PSOE - 106 - 39
INGA - 77 - 0
BNG - 42 - 116
NEIRAS
PP - 210-190
PSOE - 41-25
INGA - 25 - 0
BNG - 12 - 31
CANAVAL
PP - 111 - 111
PSOE - 53 - 52
INGA - 58 - 0
BNG - 31 - 57
DOADE
PP - 136 - 129
PSOE - 19 - 19
INGA - 28 - 0
BNG - 15 - 24
LOBIOS
PP - 185 - 148
PSOE - 13 - 13
INGA - 27 - 0
BNG - 1 - 31
BULSO
PP - 183 - 144
PSOE - 16 - 7
INGA - 16 - 0
BNG - 13 - 30
BOLMENTE
PP - 124 - 133
PSOE - 32 - 10
INGA - 15 - 0
BNG - 10 - 38
ANLLO
PP - 255 - 232
PSOE - 57 - 26
INGA - 29 - 0
BNG - 12 - 51
ROSENDE
PP - 113 - 129
PSOE - 36 - 25
INGA - 26 - 0
BNG - 16 - 26

17 comentários:

Anónimo disse...

VALORACIÓN DOS RESULTADOS DO BNG
Evidentemente, gañou o PP por ampla maioría, e debemos ter en conta que acadou unha porcentaxe de votos moi alta.
Os resultados do BNG son excelentes porque, partimos de non ter representación a obter 2 concelleiros con votos "de sobra".
A porcentaxe de votos do BNG en Sober supera o 18%, moi superior á media de votantes do BNG na Provincia de Lugo (un 13,4%).
Na análise global, hai que sinalar que a abstención aumentou algo, con respecto a anos anteriores; abstención que eu atribúo a votantes de INGA e do PSOE.
Así as cousas, o gran aumento de votos (e de porcentaxe de votos) do BNG desde o 2003 prodúcese nun contexto de menor número de votantes e, por riba, de maior abstención.
Analizando os resultados por mesas desmóntase a idea de que o BNG subiu só porque o PSOE baixou. Nas mesas de Lobios, Bulso, Doade e Canaval, onde o BNG tivo unha subida espectacular, o PSOE mantívose; así que en todo caso, podemos pensar que o BNG convenceu a antigos votantes de INGA e a votantes do PP (véxase a importante baixada do PP en Lobios).
Noutras mesas sí coincide unha baixada do PSOE cunha subida do BNG; pero, en todo caso, a subida do BNG é moito maior (12 puntos) que a baixada do PSOE (4 puntos).
Votounos a xente á que lle deu a gana; xente que xa nos votara antes, xente que votara ó PSOE, xente que votara a INGA e xente que votara ó PP.
Como nos dixo alguén:
"o meu voto é meu".
Desterremos da linguaxe termos como "roubarlle votos a outro partido", pois o voto é de cada quen, e emprégao en cada caso como mellor estime oportuno.

Anónimo disse...

despois de tanta historia pola xunta nada, hai que pensar que o BNG vai a un ritmo de caida

Anónimo disse...

En qué datos sustentas o que acabas de escribir?. Onde había alcaldes do PP, agora hai alcaldes do BNG.

Anónimo disse...

nas autonomicas onde a purga de beiras se notou, e dicir que nas municipais sen ser unhas eleccions representativas para o global, o bng non superou en moito o que cabia esperar desa linha socialdemocrata que estan a imponher algúns o bloque. O bloque esta perdendo o unico voto que realmente lle deberia importar: o voto nacionalista, perdeo para tentar pescar en augas conservadoras ou socialistas e ese terreo é moi fraxil. Quintana dicia que tinha un proxecto como lider do BNG para moitos anos... esperemos que non tenha que volver beiras para levantar o bloque das súas cinzas. a este ritmo...

Anónimo disse...

¿Irmandiño?

Anónimo disse...

irmandinho non, nacionalista. non igual indiferenciable dos outros xa sexan psoe, pp, ou factor x, que para o caso é o mesmo. deixar así a beiras é o peor que o bng puido facer, e vaino notar aínda que ogalla me equivoque por q este país precisa un bng forte aínda que sexa nesa linha.

Anónimo disse...

Beiras plantoulle cara a UPG de Paco Rodríguez e ós quintanistas na XII Asamblea e acadou o 17% dos votos da militancia, sendo hoxe en día un dos críticos da nova Executiva, a Quintana e a UPG revolveuselle a militancia que non quere delegados e sí seguir sendo asamblearios.Beiras nestas municipais pateou toda Galiza dando mítines, basicmente en concellos pequenos onde esta a xente do Encontro Irmandiño, os que apoyaron a Beiras, òs que Quintana e a U non lle teñen moita simpatía , máis non desprezan os votos que o manteñen na Xunta.

Anónimo disse...

sí, e tamén foi da man de CIU e o PNV.

Anónimo disse...

Xuntas as churras coas merinas!!!.

Anónimo disse...

e ti non diferencias a esquerda da dereita

Anónimo disse...

...o teu e esquizofrenia pura e dura!!!.
Saúdos,

Anónimo disse...

descalificar con esquizofrenia a quen te rebate é patetico e di moi pouco de ti

Anónimo disse...

Non deduzas por adiantado, si eres tan politicamente correcto, eu non, nona uso en términos médicos, sinon nunha linguaxe coloquial como é a dos posts. Usoa e xa está, sacar perfiles por unha palabra , como pouco é mui ousado.
Biquiños. Mua!!!.

Anónimo disse...

chamas esquizofrenico a quen non pensa coma ti. Éso non é linguaxe coloquial, eso e descalificar porque sí: xa sexa en linguaxe coloquial ou a que queiras ponher. as palabras siginifican o que significan nuns termos ou noutros. o que acabas de facer con esta resposta sobre a linguaxe coloquial é demagoxia barata para excusarte do comentario no que me chamabas esquizofrenico. un pouco de respeto a disidencia por favor. É en vez de calificar a xente que non pensa coma vos aprendede a escoitalos e a debater con eles e non pasedes deles descalificandoos como moitos do bng facedes sempre. iravos mellor

Anónimo disse...

Non me excusei, dixen: "usoa, e xa está". Paso de seguir falando contigo , porque eres en exaltado e por suposto non represento ó BNG en absoluto, para nada, así que deixaos tranquilos que bastante fan con deixarte usar este blog para verter toda a bilis que levas dentro contra ó BNG; e as palabras, amigo, non son más, só fan dano dependendo de quen as usa e tí pareces especialmente sensible a esta palabra .

Anónimo disse...

trabucaste porque eu non levo bilis contra o BNG. eu non como nin bebo do BNG tal e como fan outros, e ata o día de hoxe votei sempre a este partido. Pero é a última vez porque a traición non se agradece. eu tampouco quero falar contigo, non contribues en nada ao debate, só a desviar o tema con demagoxia e estupideces tales como "esquizofrenico", e demáis. eu non che dín pe a nada diso: se doe a foderse e a actuar en consecuencia e cada un saberá como.

P.D. home só faltaria que uns democratas como os do BNG impedisen
a libre expresión no seu blog, entón xa non habería máis mascaras.

Anónimo disse...

...Uf¡¡¡.