A Asamblea Local do BNG de Sober convídate a un acto público que consistirá nunha conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado, que leva por título:
O longo e inacabado camiño da Democracia en Galicia e o papel do
nacionalismo galego neste proceso.
A conferencia xirará en torno ós avances democráticos da IIª República, á enorme Represión fascista en Galicia e en Sober, á reactivación do caciquismo durante o franquismo e o fraguismo, coa ausencia dun mínimo espírito democrático, mesmo a non chegada da Transición, a día de hoxe, a moitos lugares de Galicia. Tamén versará sobre o papel do Nacionalismo galego neste devir histórico.

Celebrarase o:
Sábado 24 de Febreiro de 2007
ás 20:00 horas na CASA DA CULTURA
Ó remate teremos unha cea de confraternidade. Para reservar sitio na cea debedes chamar ó número 637 50 20 35 antes do día 20 de Febreiro. O prezo do prato será de 15 € por persoa (12 € para os menores de 25 anos).
Sem comentários:
Enviar um comentário