BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS


No Concello de Sober existen multitude de barreiras arquitectónicas que representan un grave problema de accesibilidade para as persoas con dificultades motrices.
Durante todos estes anos do goberno do PP non se realizaron melloras neste sentido nin se adecuaron completamente ás necesidades das persoas discapacitadas os edificios de nova construcción, contravindo así a propia Constitución e a Lei de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia.

- A Casa do Concello é infranqueable para persoas en cadeiras de rodas. Na imaxe sinálanse as barreiras arquitectónicas do único acceso ó edificio.
- Os edificio construído nos Chancís conta con falsas rampas.
- O parque de Sober non tén accesos adecuados para persoas en cadeiras de rodas; hai un único acceso sen escaleiras pero é moi empinado.
- Na Casa da Cultura os aseos para discapacitad@s están pechados, só están dispoñibles os do bar; e o ascensor do edificio está derramado desde o ano 1997, data da súa inauguración. Unha persoa en cadeira de rodas non pode acceder á biblioteca.
- A maior parte de beirarrúas e accesos a comercios, ó Colexo Público e Residencia non contan con accesos adecuados.

Sem comentários: