OS DATOS DA XII ASEMBLEA NACIONAL



“A Asemblea Nacional é o órgao supremo do BNG e o titular da soberanía da organización. Será competente para a discusión e crítica política e para todas aquelas cuestións que atinxiren á expresión da vontade política da organización.”
Nesta duodécima Asemblea Nacional, o BNG aprobou un Documento que será a “guía política” da organización deica a seguinte Asemblea.
- Contido do Documento
O Documento define a postura política do BNG en canto á negociación dun novo Estatuto (queremos un Estatuto de Nación e un modelo de financiamento que garanta a suficiencia financeira), ó papel de Galicia no Estado (apostamos por un Estado plurinacional e por un modelo económico e social ó servizo das maiorías) e no contexto internacional (defensa dos valores democráticos, defensa dos dereitos dos pobos e da legalidade internacional, oposición á guerra).
Tamén define os obxectivos do goberno do BNG na Xunta de Galicia, que se resumen en mellorar o nivel de vida de galegos e galegas (vivenda accesible, loita contra as desigualdades de xénero, sociais e territoriais, incorporación de mocidade ó medio rural, aproveitamento multifuncional do monte...).
Estipula as pautas polas que se ha de rexer a organización, que ha de relacionarse activamente coa sociedade e axudar a organizala.
Fixa os obxectivos do BNG para as vindeiras eleccións municipais e as orientacións programáticas (creación de emprego, desenvolvemento sustentábel, políticas de igualdade entre homes e mulleres, aposta pola comarcalización do país, superando as Deputacións provinciais...)
Tamén acometemos actualizacións organizativas: suprimiuse a figura do Presidente do Consello Nacional e acordouse que no sucesivo as Asembleas Nacionais se celebren por delegad@s, electos/as polas Asembleas Comarcais.
Ademáis, engadíronse varias emendas aprobadas polo pleno, entre elas, traballar para conseguir aportar o 0,7% dos Orzamentos da Xunta para axuda ó desenvolvemento e traballar a prol da consecución do cambio de uso horario para Galiza, asumindo así o noso horario natural por posición xeográfica e aforrando enerxía.
- Votación do Documento
74,4% de votos a favor (1.357), 21,2% (387) en contra e 4,3% (79) de abstencións.
- Votación do informe político e de xestión do Consello Nacional
65,6% de votos a favor (1.303) ; 28,1% (558) en contra e un 6,2% (124) de abstencións.
- Elección de Consello Nacional e de Executiva Nacional
“Á Asemblea Nacional correspóndelle elixir 50 membros do Consello Nacional entrante, as persoas integrantes da Executiva Nacional, o/a Portavoz Nacional e o Presidente do Consello Nacional.”
“O Consello Nacional é o órgao máximo de dirección, representación, debate e decisión do BNG entre Asembleas Nacionais. Será competente no desenvolvemento e na concreción da liña política definida pola Asemblea Nacional.”
Presentábanse 4 candidaturas, obtendo os seguintes resultados:
Candidatura de Anxo Quintana: 1.646 votos/63%.
Candidatura do Encontro Irmandiño, encabezada por X.M. Beiras: 449/17%.
Candidatura d’A Alternativa, encabezada por Rosario F. Velho e Amada Traba: 291/11%
Candidatura de Movemento pola Base, encabezada por Fermín Paz Lamigueiro: 245/9%
Composición do Consello Nacional: 31 da lista de Anxo Quintana, 9 para O Encontro Irmandiño, 5 d’A Alternativa e outros 5 do Movemento pola Base.
Os nomes pódense consultar en www.bng-galiza.org.
A estas 50 persoas uniranse 2 representantes de cada comarca e un representante de cada grupo político e de Galiza Nova.

“A Executiva Nacional é o órgao de dirección ordinaria do BNG.”
As 4 candidaturas ó Consello presentaron ó pleno unha candidatura conxunta, encabezada por Anxo Quintana que obtivo practicamente o 100% dos votos.
As persoas integrantes da Executiva son: Anxo Quintana González, Portavoz Nacional; Francisco Xesús Jorquera Caselas; María Xosé Bravo; Roberto Mera Covas; Ánxela Bugallo Rodríguez; Francisco Rodríguez Sánchez; Clara Millán González; Alberte Ansede Estraviz; Rosana Pérez Fernández; Ana Belén Pontón Mondelo; Xosé Manuel Beiras Torrado; Cristina Amor Faia; Mario López Rico; Rosario Fernández Velho; Amada Traba Díaz.



Sem comentários: