TURISMO EN SOBER

Texto estractado dun dos principais artigos do primeiro número do noso boletín, elaborado polo responsable da área de Turismo.
"No senso da posta en valor do noso, a política do Partido Popular é trasnoitada, improvisada, semellando facer as cousas máis cara a galería que aplicando unhas políticas adecuadas. Sí, gostan de engrosar a súa colección de recortes de periódico con noticias coma a aparecida en Setembro de 2006: “A Oficina de turismo de Sober recibiu máis de 2.250 persoas nos meses de Xullo e Agosto de 2006...”. E, así, dentro das ofertas que fai o Concello, perguntámonos polo mantemento de miradoiros como o chamado Cotorro I, mome aséptico que encubre a propia toponimia do lugar, o mesmo que o chamado Cotarro II, como se nomes como A Cividade ou O Boqueiriño non foran dignos por máis que propios; preguntámonos polos cartaces con nomes como A Canceliña, poboación hoxe abandonada a carón da Carqueixa, como principal referencia para chegar ó lugar, seguramente destinado ás almiñas dos viaxeiros de principios do s. XX; preguntarémonos se temos a información adecuada sobre as nosas igrexas románicas e o acceso ó interior; se a cerámica de Gundivós, que debería ser un dos escaparates de Sober, está suficientemente apoiada, ou polo contrario esta xoia única está desaproveitada incluso nos escasos recursos humáns cos que conta; preguntarémonos sobre o desplifarro, o estrago e a irracionalidade co que foi feito o embarcadoiro dos Chancís, utilizado dun xeito residual, con dificultades para as persoas con problemas motrices e a súa inutilización nas ocasións nas que o nivel da auga do encoro descende. ¿Pedíronlle os nosos gobernantes de Sober ó responsable da obra, o seu xefe e señor, barón das terras de Lugo, o cumprimento dos fins para os que foi feita?"
Para ler o artigo ó completo... ¡PÍDENOS A TÚA FERVENZA!
Foto: Trosqui e Alfonso na Pena do Castelo.

Sem comentários: