PLENO - FEBREIRO 2012: ORZAMENTOS

Neste Pleno Extraordinario, a Alcaldía trouxo o Orzamento do Concello de Sober para 2012, que foi aprobado cos 7 votos a favor do PP e 3 abstencións de PSOE (1) e BNG (2). Ausentouse, por cuestións laborais, Eloy Pérez Otero (PSOE) que, polo mesmo, renunciou á súa acta de concelleiro, do que se informou neste mesmo pleno. Aproveitamos para enviarlle, dende aquí, un saúdo ao compañeiro de Oposición. Por outra parte, como vén sendo habitual nos últimos anos, aprobouse un recoñecemento extraxudicial de créditos.

ORZAMENTOS 2012


GASTOS
ANO 2012
CAPÍTULO 1 - PERSOAL
867.805 €
56,4%
CAPÍTULO 2 – BENS E SERVIZOS – GASTOS CORRENTES
458.650 €
29,8%
CAPÍTULOS 3 e 9 – PRÉSTAMOS BANCARIOS
32.400 €
CAPÍTULO 4 – TRANSFERENCIAS CORRENTES
37.180 €
2,4%
Transporte universitario, partidos políticos, aportación ao Consorcio Ribeira Sacra, festas populares, equipos de fútbol, ANPA.
- Por cada festa: 300 €
- Cadeiras: 1200 €
- Festa de Sober: 6000 €
- CD Sober: 3500 €
- D Río Sil: 3500 €
- ANPA: 300 €
- Transporte universitario: 625 €
CAPÍTULO 6 – INVESTIMENTOS REAIS
132.725 €
8,64%

63.000 POS Deputación
10.000 Mellora alumeado no núcleo urbán de Sober
31.000 Obras de reposición
114.900 Mellora Campo da Feira e Praza do Toural (75% Xunta)
TOTAL
1.536.860 €
Sabemos que é moi difícil traer os Orzamentos en prazo - deberían terse presentado no ano anterior, segundo o art. 169 do RDL 2/2004, de 5 de marzo - e que é difícil tamén facer uns Orzamentos nun Concello coa precaria situación económica de Sober, que, coma todos os concellos pequenos, depende das aportacións doutras administracións.
Agradecemos o bo informe presentado por Secretaría-Intervención, o cal é unha correcta actuación por parte da Secretaría, pero era algo que en tempos pasados non se producía

O grupo municipal do BNG asume case que todas as recomendacións presentes no Informe da Intervención. 
Sobre o persoal, que supón máis da metade dos gastos, sería recomendable elaborar un plan de emprego que determine as concretas necesidades de persoal, debido a carga que soporta este Concello nese aspecto, e corrixir con inmediatez as deficiencias", como é necesario "convocar unha mesa de negociación sindical". Cómpre, tamén cubrir as dúas prazas vacantes de persoal laboral fixo e eliminar as de laborais temporais que cubren as funcións das prazas vacantes. Como informa Secretaría: os contratos por obra e servizo son para situacións "de carácter moi puntual", sen embargo, o Concello recurre a eles como norma na contratación. Tamén é preciso "facer unha convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo en réxime de interinidade." A isto, o goberno comprometeuse a facer unha relación de postos de traballo e intentar que se faga o convenio laboral do Concello.

Os cálculos sobre o persoal non temporal fanse para todo o ano, alegando que se prevé ter subvencións para a súa contratación, mais asumimos o que di Secretaría: "o correcto sería facer figurar as cuantías en función á duración real dos contratos e acometer as modificacións orzamentarias que foran necesarias ao longo do exercizo, tendo en conta que non existe ningunha acreditación de que no caso de non percibirse as subvencións non se acometa gasto pois o crédito orzamentario figura nas partidas de gastos." 

"Dado o volume de facturación que ó marxe de Sogama, supón Gas Natural Fenosa, e Unión Fenosa Comercial recoméndase acudir a mecanismos que permitan reducir o tan elevado gasto neste concepto." A Secretaría reitera que "ou se leva unha política de control do gasto, ou a maioría das partidas do capítulo II quedarán sen crédito antes de rematar o ano, que farán que moitas facturas queden sen recoñecer." Isto é o que pasou nos anos anteriores e que obrigou a recorrer á figura de "recoñecemento extraxudicial de créditos", que explicamos abaixo.

Tamén coincidimos coa Secretaría en que as previsións de ingresos deberían ser menores, tanto no que respecta a transferencias doutras administracións, especialmente a da Xunta de Galicia, que se van ver reducidas, coma nas previsións de altas de casas no catastro. De feito, baixaron tanto as aportacións da Xunta coma do Estado. No caso da Xunta, reduciuse a aportación no Plan Concertado de Servizos Sociais, que son básicos neste Concello, moi envellecido.

Como sinalou a Secretaría e anunciou a Alcaldía que se vai facer, é preciso regular a taxa de venda ambulante, que actualmente non está axustada á realidade nin se cobrar equitativamente.

Non son orzamentos elaborados de xeito participativo. É certo que a marxe para a cidadanía poder decidir o gasto é moi pequena, polo gran volume de gasto de persoal, pero a xente debería ter un coñecemento máis exhaustivo dos orzamentos do Concello e poder decidir a través de canles de participación cidadá como administralo (está pendente aínda dende inicios da lexislatura pasada o regulamento de participación cidadá).

Nos investimentos reais (moi reducidos) obsérvase tamén o descenso de programas de obras doutras administracións. Cremos prioritarias as obras de saneamento en todos os núcleos antes que as de mellora do centro urbano de Sober. Aínda que sexan necesarias estas obras na vila, poderían espaciarse no tempo: o saneamento é imprescindible e a maior parte de núcleos carecen del. Dámonos por satisfeitos por saber que os cartos do POS 2012 irán para iniciar a primeira fase do saneamento da parroquia de Neiras, unha vella demanda da veciñanza e unha necesidade patente.

Admitimos que o goberno fai un esforzo por reducir gastos correntes, pero cómpre un plan de aforro e racionalización do gasto, que inclúa o plan de racionalización de alumeado público, algo que sí se está a facer e é correcto, tal como explicou a Alcaldía.

A situación de precariedade económica do Concello maniféstase no feito de que o previsto por recadar en concepto de impostos sobre as actividades económicas é moi cativo (34.000 €). Aumenta algo o percibido por vía impositiva. Aínda non sendo altos os impostos no Concello, a suba debe ir acompañada de moita imaxinación – porque ademais de cartos, é precisa imaxinación, neste caso – para estimular o desenvolvemento de actividades produtivas no Concello, dende un punto de vista sostible: estímulos á produción agraria, fomento da venda local de produtos de proximidade, etc. 

RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 

Aprobouse un recoñecemento extraxudicial de créditos para facer fronte a gastos do ano 2011.

Estamos de acordo en que hai que pagar as facturas, que as empresas proveedoras do Concello (a maior parte pequenas empresas) non poden quedar sen cobrar, pero abstémonos en protesta pola mala xestión económica do PP no Concello de Sober, unha mala planificación do Orzamento que obrigou, nos últimos anos, a aprobar gastos para os cales non había crédito consignado nos orzamentos, o que obriga a arrastrar ano a ano facturas do ano anterior.

Sabemos que é cuestión tamén das dificultades financeiras dos concellos pequenos, pero hai facturas de gastos que deberían ser planificados e buscar reducilos (facturas de Gas Natural, de Telefónica ou de Sogama), gastos que poderían agardar ao exercicio seguinte (bancos e papeleiras, ornamentación das rotondas) e gastos que se deberían eliminar, dada a precaria situación do Concello (arcos luminosos de festas en Sober - 2.065 € - cea de Fin de Ano - 1274 € -, que debería ser pagada a escote polos comensais). Sabemos que hai gastos que se xustifica telos feito, como as reparacións, pero o resto de conceptos das facturas indican que se recorre ao procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos como norma. Non votamos en contra porque nos parece que é superior o dereito de empresas e autónomos a cobrar os servizos prestados que a correcta administración económica do Concello (de feito, a lei permite o recoñecemento extraxudicial de créditos como protección dos intereses de terceiros), mais parécenos grave a utilización recurrente deste mecanismo que debería ser excepcional, e que o Concello de Sober converteu en norma nos últimos anos.

De fondo está tamén a evidente falta de autofinanciamento das entidades locais e a necesidade de reformar o actual sistema municipal - que actualmente prima ás grandes cidades - no sentido de contemplar no financiamento dos concellos variábeis coma a dispersión poboacional do noso país, o avellentamento ou a extensión territorial do municipio.

 
GASTOS
ANO 2010
ANO 2011
ANO 2012
CAPÍTULO 1 - PERSOAL
835.220 € (sen contar o Obradoiro de Emprego, que sumaba 488.190 €)
43,8%
829.050
53%
867.805 €
56,4%
CAPÍTULO 2 – BENS E SERVIZOS – GASTOS CORRENTES
598.753 €
31,4%

458.650 €
29,8%
CAPÍTULOS 3 e 9 – PRÉSTAMOS BANCARIOS
35.223 €

32.400 €
CAPÍTULO 4 – TRANSFERENCIAS CORRENTES
37.377 €

37.180 €
2,4%

CAPÍTULO 6 – INVESTIMENTOS REAIS
439.935 €
18,07%
158.000 €
10,1%
132.725 €
8,64%
TOTAL
2.434.698 €
(sen Obradoiro: 1.904.508 €)
1.563.550 €
1.536.860 €

6 comentários:

Anónimo disse...

É de vergoña que os gastos de persoal ascendan ao 56,4% do orzamento do concello. Cánto estómago agradecido para que o PP siga gañando eleccións.! Unificación de concellos xa!.

Investimentos reais o 8,64%, está claro que o concello é a maior empresa empregadora de xente que nonn se sabe moi ben os cometidos que ten.

Anónimo disse...

Canto cobra ao mes o alcalde?. Pode ser que ao ano nun concello con un investimento real do 8,64% o alcalde cobre 31811,5€ ?.

Paula Verao disse...

32.812,5 € brutos ao ano, a distribuír en 14 pagas (= 2.343,75 € ao mes + 2 pagas extra; serían 1700 € líquidos ao mes).

Anónimo disse...

É unha barbaridade cos tempos que corren.

Anónimo disse...

Supresión dos Delegación Territoriais da Xunta, funcionan como antano os gobernos civís e non sirven para nada tendo un custe de 40000000 €. Non aos recortes dos dereitos dos funcionarios, estigmatizados polo funcionario en excedencia Feijoo.

Anónimo disse...

FEIJOO FUNCIONARIO INTERINO DA XUNTA.
Pero Núñez Feijóo, cando era novo, comezou a
traballar na Xunta como funcionario interino e despois fíxose sindicalista. Militaba no sindicato “Fica” (Funcionarios Interinos y Contratados Administrativos). Naquel tempo, cando principiaba a democracia, Alberto reclamaba “el acceso a la Función Pública de todos los interinos y funcionarios”, e que se lles asegurara “la estabilidad en el puesto de trabajo”. Tamén esixía “el reconocimiento de los interinos en la ley de los presupuestos generales y el 100% de las retribuciones básicas y complementarias”. En resumo: o xoven Núñez Feijóo quería un posto de traballo público entrando pola porta de atrás (sen facer oposicións) e coas mesmas condicións que os traballadores fixos.

Galicia Hoxe 29/02/2012