PLENO - NOVEMBRO 2011

O BNG pediu que se inste á Xunta a restituír os créditos eliminados aos concellos para o financiamento do Plan Concertado e para que se retire a orde que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria ás persoas sen recursos e desempregadas.

No eido local, o BNG demandou que o Concello se dote dun Plan Integral contra a violencia machista, que se adecente o entorno dos petróglifos do Xestal, que se reparen as madeiras retortas da oficina de turismo e se acometa unha limpeza profesional a fondo da Casa da Cultura.

Emitiuse unha repulsa unánime contra a violencia machista e instouse a todas as administracións a cumplir as distintas leis sobre esta materia.

Sober, 24 de novembro de 2011.

PLENO ORDINARIO

1º - A acta anterior foi aprobada por unanimidade.

2º - Deuse conta de decretos da alcaldía.

3º - Aprobouse por unanimidade o regulamento de agrupación de voluntarios de protección civil do Concello de Sober.

O BNG votou a favor por considerar correcto o regulamento da agrupación de voluntarios, que mantén un funcionamento democrático, e pediu que se usase unha linguaxe inclusiva na denominación da agrupación, sendo aceptado isto, co cal se chamará Agrupación de Voluntariado de Proteción Civil do Concello de Sober.

4º - A corporación aprobou provisionalmente por unanimidade a ordenanza fiscal reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras. O BNG votou a favor por terse incorporado ao texto as bonificacións e exencións que contempla a lei xeral [Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, no artigo 103.2] e que o BNG demandara incluír no pasado pleno. Así, inclúense as seguintes bonificacións no imposto:

ARTIGO 8. BONIFICACIÓNS

Prevense as seguintes bonificacións      

- Unha bonificación do 95% a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración.

Corresponderá a devandita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, logo de solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus  membros.  
- Unha bonificación do 50% a favor de construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. 
- Unha bonificación do 90% a favor de construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

ASUNTO DE URXENCIA - O Pleno acordou por unanimidade que o Concello se adhira ao Convenio Marco para a recollida de aparatos electricos.
5º - Mocións.

Tanto PSOE coma PP tiñan presentado mocións contra a violencia machista, mais acordouse non debatilas e sustituílas por unha repulsa unánime do Pleno contra esta lacra social e instando ás distintas administracións a cumplir as leis nesta materia.

6º - Rogos do BNG.

- En protesta polos recurtes da Xunta no Plan Concertado de prestacións básicas de servizos sociais (ver aquí).

- Pedindo a supresión do Protocolo que desenvolve a Orde de 5 de setembro de 2011 que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes e para as persoas desempregadas (ver aquí).

- Que para o ano 2012 o Concello, a través dos Servizos Sociais, deseñe un Plan Integral contra a violencia machista, no que se inclúan actividades de concienciación periódicas incluídas no planemento de actividades lúdicas socio-culturais (ex. talleres para a infancia, etc). Que sirva de reflexión colectiva sobre o machismo existente na nosa sociedade, caldo de cultivo para que cada ano morran no estado español unhas 70 mulleres a mans das súas parellas.

- Que o Concello axude á Asociación Veciñal de Neiras a determinar cal é a titularidade do local social de dita parroquia, para que esta asociación poida pedir unha axuda para arranxar as instalacións, que teñen humidades que están a estragar as paredes.

- Que o Concello fale cos propietarios das fincas nas que están os dous petroglifos do Xestal para limpar o entorno destes, a cargo do Concello. Reciben visitas ao longo do ano – visitas que teñen que ser guiadas, pois a xente que quere visitalos por sí mesma non dá atopado os petroglifos, ao non ter ningún tipo de sinalización - e son un dos elementos patrimoniais de Sober máis importantes. O estado do entorno é moi deficiente, algo que se podería mellorar con poucos cartos, só con limpeza, mesmo por parte de xente voluntaria. Máis adiante, o Concello podería pensar en plantexarlles aos propietarios poder facer unha intervención branda no entorno, coma unha sinalización moi somera e panel de interpretación e un camiño de acceso adecuado ao entorno. Para isto, o Consorcio de Turismo debería colaborar.


- Hai que poñer solución ás madeiras retortas da Oficina de Turismo. Foi un deseño non adecuado para as condicións climáticas de Sober, e por iso está deteriorado dende o pouco tempo de abrir.



- A Casa da Cultura precisaría unha limpeza a fondo, a cargo dun equipo de profesionais, pois nunca foi limpada dese xeito. Ademais, segue a haber goteiras cando chove moito, habería que pensar en atallar este problema.
 

[O PSOE pediu que se presentasen os orzamentos en tempo e forma, que se axilizasen os permisos das obras do canon hidroeléctrico e que se limpe a Lama de Rosende].

6º - Preguntas do BNG.
- Cantos cartos aportará este ano a Xunta de Galicia ao Plan Concertado de Servizos Sociais do Concello de Sober? Que recurte supón con respecto a anos anteriores? Como se vai afrontar?
O BNG entende que os Servizos Sociais son o que xustifican a existencia dos concellos pequenos, é o último no que hai que recurtar. 
--- RESPOSTA - A Xunta deu un pouco máis que o ano pasado para atención á dependencia (tamén hai máis usuarios/as do servizo) e recurtou uns 9000 € en axuda no fogar.


- O Concello de Sober adica algo do orzamento ao mantemento do campo municipal de Centeás? Canto? Recibe auga da traída municipal para regar? 
--- RESPOSTA - No verán está prohibido regar con auga da traída o campo de Centeás. A auga dos vestiarios é da traída, igual que a dos do campo da Carqueixa [pendente de confirmar; a Carqueixe sempre se abasteceu dun manantial propio].
Non se invirten cartos directamente no campo de Centeás, salvo axuda de persoal do Concello cando hai averías. A axuda que houbera para arranxar os vestiarios fora con fondos da Xunta.

- Vanse traer os Orzamentos ao Pleno antes de final de ano nun pleno extraordinario? Xa non se cumple co obxectivo de planificar ben os orzamentos, pois xa non se tran os de 2012 antes de final de ano. O BNG pide que se traian canto antes.

--- RESPOSTA - Tentaranse traer en decembro ou no pleno ordinario de xaneiro, en todo caso antes de que remate o primeiro trimestre do ano 2012.

9 comentários:

Anónimo disse...

COLOSAL SAQUEO DE DINERO PÚBLICO

La quiebra de una empresa metropolitana de Valencia DESTAPA EL PILLAJE DE CARGOS DEL PP.
Los directivos cargaron a Emarsa todo tipo de extravagancias.

EL PAÍS
27/11/2011

Anónimo disse...

No territorio onde campea as súas anchas Feijoo I O Austero o paro é o maior de todo o reino. Os seus delegados terrenais ofrecen migallas ao pobo en forma de subvencións que poucos poderan solicitar porque non teñen traballo nin cartos. A eterna Galicia caciqueada e subvencionada.

Anónimo disse...

Segundo datos do MEF sobor da liquidación de orzamentos do 2010 das entidades locais, Sober ten de : Ingresos 2.615.716 €
Gastos 2.552.093€
entre
Debe e Haber hai unha diferenza de 63.623 € de superavit, a metade é o soldo do alcalde, o resto para pintar raias. Cal é o destino tantísimo carto?.

Paula Verao disse...

Para o Pleno de xaneiro, previsiblemente, presentaranse os orzamentos de 2011, que é onde irán incluídos eses cartos. Cando hai superávit úsase para débedas ou gástase no exercicio do ano seguinte. Xa informaremos sobre os orzamentos para 2011.

Paula Verao disse...

Por suposto: nada que celebrar. A Constitución foi un pacto por arriba das elites do franquismo, rematando co proceso de ruptura democrática que se estaba a producir entre a sociedade dende os anos 60. Para nós as reivindicacións democráticas (dunha democracia real que non temos) van parellas ao dereito de autodeterminación dos pobos. Non sei a que caso concreto te refires de represión, non consigo velo no enlace da web. http://revoltairmandinha.blogspot.com/2011/06/crise-do-estado-en-catro-claves.html

Anónimo disse...

Chegar a vellos é triste pola manipulación que supón, manipulación por parte das "autoridades" coa equiescencia das familias.

Anónimo disse...

Non estou indignado nin cabreado, estou pasmado, pampo de tanto ladronicio de xente que pertence ou pertenceu ao PP: Gürtel (Camps e Costa , este irmao dun ministro de Aznar), Palma Arena (Matas ex ministro de Aznar e expresidente de Baleares) co pasmo de ver a Undargarin polo medio entre Camps e Rita Barberá), Orquestra en Galicia, alcaldes que sacaron doutra volta maioría absoluta, IGAPE os responsables seguen aí (a empresa da muller do alto cargo no Ferrol e o deputado autonómico do porche), Campeón e Dorribo etc, etc, etc cartos públicos chouriceados por impresentables. Voto e volvo votar para que os amigos dos chourizos e algúns chorizos saian elexidos democraticamente. É a náusea, a náusea, a náusea.
Onde están os cartos públicos que roubaron nun pais de 5000000 de parados.Presuntos todos, mais en portugués presunto é touciño.

Anónimo disse...

Non estou indignado nin cabreado, estou pasmado, pampo de tanto ladronicio de xente que pertence ou pertenceu ao PP: Gürtel (Camps e Costa , este irmao dun ministro de Aznar), Palma Arena (Matas ex ministro de Aznar e expresidente de Baleares) co pasmo de ver a Undargarin polo medio entre Camps e Rita Barberá), Orquestra en Galicia, alcaldes que sacaron doutra volta maioría absoluta, IGAPE os responsables seguen aí (a empresa da muller do alto cargo no Ferrol e o deputado autonómico do porche), Campeón e Dorribo etc, etc, etc cartos públicos chouriceados por impresentables. Voto e volvo votar para que os amigos dos chourizos e algúns chorizos saian elexidos democraticamente. É a náusea, a náusea, a náusea.
Onde están os cartos públicos que roubaron nun pais de 5000000 de parados.Presuntos todos, mais en portugués presunto é touciño.

Anónimo disse...

"Ao pan, pan e, ao viño, viño", Rajoy dixit no seu discurso de investidura. As cousas claras. Ben empezamos, o que está no guindo o ministro de Economía dí no caso da RECESIÖN económica na que estamos: "terá unha recaída neste trimestre e entrará en taxa negativa", a esto chámase ao pan, pan e, ao viño, viño, ou sexa RECESIÖN económica, a claridade coa que se explica Rajoy por boca dos seus ministros.