RESULTADOS DAS MUNICIPAIS DE 2011 EN SOBER

Altísima participación. O PP baixa un concelleiro, quedando con 7 (59,50%), o BNG mantense con 2 concelleiros (18,26%) e o PSOE sobe, acadando 2 concelleiros (21,39%).
Sober foi o único concello da zona no que baixou o PP.

* Compáranse os datos coas eleccións municipais do 2003 e do 2007.


1. DATOS XERAIS
· Censo electoral: 2.396 [O censo electoral descendeu en case 1000 persoas porque unhas 650 corresponden a residentes ausentes que nestas eleccións xa non podían votar].
[2007: 3.324 / 2003: 3.488]
· Votantes: 1.897 (79,91%) [A participación foi unha das máis altas da historia en Sober, comparable á das eleccións municipais de 1999 e ás xerais de 2008].
[2007: 2.234 / 2003: 2.482]
· Abstención: 477 (20,09%)
[2007: 32,79% / 2003: 28,4%]
· Votos en branco: 16 (0,85%)
· Votos nulos: 8 (0,42 %)
[2007: 15 votos en branco e 18 nulos]

· Concelleiros: 11

- PP: 1.124 (59,50%) 7
[2007: 1562 (70,49%) - 8 / 2003: 1.655 (66,44%) – 8]

- BNG: 345 (18,26 %) 2
[2007: 404 (18,23%) / 2003: 156 (6,26%) – 0]

- PSOE: 404 (21,39 %) 2
[2007: 234 (10,56%) 1 / 2003: 373 (14,97%) 2]

[2003: INGA: 298 (11,96%) 1]


2. VOTOS A CANDIDATURAS POR MESAS ELECTORAIS
* A cifra en violeta corresponde ás eleccións de 2003; a laranxa ás de 2007; a vermella ás de 2011.

SOBER [Millán, que votaba en Sober, vota agora en ROSENDE]
PP - 328 - 341- 236
PSOE - 106 - 39 - 51
BNG - 42 - 116 - 95
NEIRAS
PP - 210 - 190 - 146
PSOE - 41 - 25 - 29
BNG - 12 - 31 - 44
CANAVAL
PP - 111 - 111 - 78
PSOE - 53 - 52 - 47
BNG - 31 - 57 - 48
DOADE [Inclúe Brosmos, que votaba na mesa de BULSO]
PP - 136 - 129 - 124
PSOE - 19 - 19 - 42
BNG - 15 - 24 - 27
LOBIOS [Inclúe Santiorxo e Bulso, que votaban en BULSO]
PP - 185 - 148 - 126
PSOE - 13 - 13 - 45
BNG - 1 - 31 - 32
BULSO [No 2011 a mesa de Bulso pasou a votar a DOADE]
PP - 183 - 144
PSOE - 16 - 7
BNG - 13 - 30
BOLMENTE [Inclúe Figueiroá, que votaba na desaparecida mesa de BULSO]
PP - 124 - 133 - 124
PSOE - 32 - 10 - 43
BNG - 10 - 38 - 51
ANLLO
PP - 255 - 232 - 165
PSOE - 57 - 26 - 109
BNG - 12 - 51 - 31
ROSENDE [Este ano inclúe Millán, que estaba en SOBER]
PP - 113 - 129 - 126
PSOE - 36 - 25 - 38
BNG - 16 - 26 - 17

O PP baixou en todas as mesas, manténdose en Rosende (que este ano inclúe Millán), Bolmente (que incorpora Figueiroá) e Doade (que incorpora Brosmos), cunha gran baixada en Anllo, Neiras e Sober (hai que ter en conta que nesta mesa votaban os residentes no exterior). O PP só se mantén en mesas nas que aumentaron as parroquias a votar.
O PSOE sube en todas as mesas menos en Canaval, onde se mantén, coas maiores subidas en Anllo, Lobios, Bolmente e Doade.
O BNG sube en Neiras e Bolmente e baixa en Anllo e Rosende, manténdose no resto das mesas máis ou menos. 
Aínda que o PP segue a ser a forza máis votada en todas as mesas, perde a maioría absoluta na mesa de Canaval (onde PSOE e BNG suman 17 votos máis cá o PP). PSOE e BNG acurtan distancias co PP en todas as mesas, sobre todo en Bolmente (a 30 votos do PP) e Anllo (a 25 votos do PP).

28 comentários:

Anónimo disse...

Todo un trunfo.

Anónimo disse...

Tedes que sentirvos satisfeiros, estades en territorio comanche.

Anónimo disse...

Hai que deixar pasar uns anos para que isto se vaia igualando. Comézase por pouco.. pero as novas xeracións xa están demostrando o que podemos chegar. E sen que se me esqueza, NORABOA E A SEGUIR ASÍ!

Anónimo disse...

manote falso, cacique cutre , mala copia dos do século XIX. Perdeu a pouca vergonza que lle queda repartindo as papeletas do Regalado. Todo o mundo sabe que se aborrecen. ¿Que recibira a cambio? Pronto o saberemos. QUE RUIN ERES!!

Anónimo disse...

Ten ainda máis mérito, sabendo que o PSOE traballou moito coa axuda da Deputación de Lugo, nas pequenas obras veciñais. A VEGA non trouxo nada que poideran vender o BNG.

ATA SEMPRE MARIA XOSE VEGA!!!
Non te botarei de menos.

Con respecto a Carlos Losada, hai que dicir que os do PSOE tuveron moito valor de denuncialo. Hai que apoialos!!!!

Anónimo disse...

Desexo que a Deputación agora axude ó BNG, para seguir medrando neste Concello pertencente aínda a galicia profunda.

Facede de altavoces do que pasou en Bolmente co Manote.
E parecia parvo. Polo menos de cara parece.https://www.blogger.com/comment.g?blogID=35862866&postID=1032808493804698302&isPopup=true

Anónimo disse...

Viva SOBER!!! a pesares dos antidemocraticos que hai no Concello.
O Regalado é complice de todo esto.

Asistencia Social incumple a súa función. Poderia ser denunciable..
Felicidades bng

Anónimo disse...

O PSOE esta investigando o caso do voto por correo. Van intentar emplumar ó NOTARIO. Tedes que apoialos. Hai que investigar os vellos. Algún poderia estar demente.

Anónimo disse...

Con respeto a 2007, hai cambios en mesas:
Millan pasou do Sober a Rosende.
Figueiroá de Bulso a Bolmente.
Santiorxo e Bulso de Bulso a Lobios
e Brosmos de Bulso a Doade,

Anónimo disse...

Se fose ao contrario, máis nono é, a Voz e o Progreso non falan da cuantiosa perda de votos e dun concelleiro do PP en Sober, o concello da exalcaldesa Raquel Arias e delegada do goberno da Xunta en Lugo. Os soberinos deberon quedar fartos dela.

Anónimo disse...

Curiosamente desta vez en Sober rexistrouse a participación máis baixa de toda a comarca despois de Monforte.

Anónimo disse...

A quen revise este blog. Pareceme mal que vetedes comentarios e opinións de simpatizantes.
VIVA A LIBERDADE DE EXPRESIÖN.
Dicir o que un pensa non é delito.
MANOTE DIMISIÓN. ERES UN FALSO.

Anónimo disse...

Cómo lle presentará a Raquel os resultados de Sober ao Feijoo?

Anónimo disse...

É incrible que tendo delegada provincial deste concello, aínda non fixera nada, nin trouxera nada.
Raquel Arias estase lucindo. O único interese dela é ela.
Que pena.

Anónimo disse...

En Pantón a abstención foi do 20%.

Paula Verao disse...

Aviso: de sempre, neste blog, non se publicaron comentarios persoais ofensivos. Unha cousa é poñer comentarios sobre feitos constatados ou opinións políticas sobre determinadas persoas e outra comentarios ofensivos contra as persoas, sobre todo se se fai de xeito anónimo.

Anónimo disse...

Dirixome a Paula Verao, (que non te conozo persoalmente), sintome defraudado contigo. Estar cabreado, e expresar este sentimento cunha burla hacia unha persoa (Sr. Losada), que se ri da xente maior, cambiandolle ou dándolle o sobre adecuado. Eu, intentando ofendelo con humor, aínda que sexa chabacano e malo, expreso o asco que sinto hacia esa persoa. Él tamén me ofendeu a min e a centos de persoas.

Dinche o meu voto, e xa me estou arrependindo. Os do PSOE teñen máis huevos ca vós, ....e tamén máis votos. Eles tiveron a coraxe de denuncialos.

Paula Verao disse...

En primeiro lugar, grazas por confiar en nós, trataremos de facer un bo traballo dende as dúas actas que temos no Pleno.
Ao BNG non se lle pode acusar de falta de valentía cando en campaña fixo pública unha carta, asinada por Alfonso Campos, sobre as manganchas do PP no voto por correo e cando apostamos por contarllo a toda a xente cando fomos polas casas.
Eu tamén estou cabreada con Carlos Losada, pero penso que xa ten o seu merecido coa denuncia ante a Xunta Electoral: nós estamos contándolle o caso a todo o mundo. Pero, que estea cabreada non inclúe que para insultar a Carlos Losada teña que insultar tamén ás persoas homosexuais, como se facía nese comentario eliminado, é algo que non tolero, meterse coa xente aludindo a colectivos que aínda son marxinados por gran parte da sociedade (faría o mesmo se no comentario se insultase a inmigrantes, por exemplo). Se desexa colgar aquí o seu comentario fágao cos seus nomes e apelidos; sendo así, non o eliminarei, porque a responsabilidade do comentario é súa. Que eu publique un comentario anónimo ofensivo faime a min responsable, e non quero ser responsable de insultos. Comprendo a indignación, eu tamén estou indignada, pero manifestareino no Pleno, a cara descuberta. Síntome doida de que vostede nos acuse de falta de valentía escribindo en internet anonimamente. Unha aperta e ánimo! Derrotarémolos sen insultos porque, nisto do voto coaccionado temos a razón.

Anónimo disse...

Hai unha frase dos indignados que pon: "Non hai pan para tanto chourizo". Antonte detiveron ao director e ao subdirector do IGAPE, nada máis e nada menos, nos seus despachos da Xunta en Santiago e seguen detidos, o empresario de Lugo está no cárcere. Ë o maior dos escándalos dos dous anos de goberno de Feijoo, o de austeridade ate a naúsea,máis grande ainda que o caso Orquesta; concordo cos indignados e digo o mesmo : non hai pan para tanto chourizo.

Anónimo disse...

46.229 dependentes que teñen dereito a prestación. Para estes semella que non hai cartos, máis para as axudas fraudulentas do IGAPE si. Cantos destes dependentes votaron obrigados por correo?.

Anónimo disse...

Primeira Luisiñada Regaladiña a convocaatoria do pleno ás 00.01h do día 11, que vergoña ver a noticia? no xornal e ser do concello de Sober.

Anónimo disse...

Quen convoca o pleno?.

Anónimo disse...

Os órganismos municipais, pero vese que atendendo a unha petición do candidato do PP que, lembremos, aínda NON é alcalde. Que pasa mañá se a maioría dos e das concelleiras votamos polo ALfonso, ou polo Iñaki. Pero, en fin... Leva facendo de alcalde varios meses non vai parar agora, a un día da investidura.

Anónimo disse...

Este tipo vai convertir ao concello nun concello de charanga e pandeireta,

Anónimo disse...

Este o que quere e sair no Guinness, está craro que lle falta unha fervura.

Anónimo disse...

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7999.html

Anónimo disse...

Como a Voz e o Progreso non lle dan cancha ten que buscar os medios para promocionarse, non promociona ao concello, promocionase el, marketing barato e chabacano.

Anónimo disse...

As excentricidades acaban pasando factura, porque excentricidade é poñer o pleno a esa hora. As excentricidades páganse dentro do partido e fora del.