O BNG acadou un excelente resultado na comarca de Lemos, acadando 1 deputado provincial a costa do PP; quedando 1 deputado para cada unha das tres principais forzas políticas.
Na Deputación de Lugo, o PP perdeu a maioría absoluta e os nacionalistas somos a chave para gobernar.
REVOLUCIÓN EN MONFORTE
A candidatura do BNG, encabezada por Severino Rodríguez, acada a maioría absoluta de 9 concelleiros, sendo a forza máis votada con 5.774 votos. É unha subida espectacular, desde os 5 concelleiros que en 2003 lle diron a alcaldía ó BNG, co apoio do PSOE e os independentes.
PP e PSOE empatan con 4 concelleiros cada un, e o restos das forzas que se presentaban quedan fóra do consistorio.
Con 60 votos máis, o BNG obtería 10 concelleiros.
CAMBIO NA PÓBOA DE BROLLÓN
O PP perdeu a súa maioría, quedando con 5 concelleiros, inda que segue a ser a forza máis votada con 777 votos.

O BNG, encabezado por Xosé Lois Maceda Vilariño, acada 430 votos e 3 concelleiros, que xunto cos 3 do PSOE, con 400 votos, lle permitirán gobernar. O BNG pasou de non ter representación a ser a 2ª forza máis votada e a que consiga a Alcaldía.
A PIQUES EN BÓVEDA
O PP revalidou a súa maioría absoluta, con 5 concelleiros e 692 votos, fronte ós 3 concelleiros e 537 votos do PSOE e a 1 concelleiro, Jorge García López, e 164 votos do BNG.
O BNG DUPLICA VOTOS EN PANTÓN
O BNG de Pantón acadou 271 votos e 1 concelleiro, duplicando case o resultado de 2003: 151 votos. Non obstante, o PP non perde a maioría, pois PSOE e Independentes coaligados só acadan 4 concelleiros fronte ós 6 do PP.
A SITUACIÓN MANTENSE NO SAVIÑAO
O BNG mantén sen problemas o concelleiro que obtivera en 2003. O PP revalida a súa maioría absoluta, malia que baixou de 7 concelleiros a 6, fronte ó PSOE, que subiu de 3 a 4.
No 2003 o BNG ficara, por pouco, fóra do consistorio, con 156 votos.
En 2007 o BNG acada 404 votos, logrando, de sobra, 2 concelleiros. O PSOE fica con 1 concelleiro e 234 votos, fronte ós 373 votos que lle permitiran obter 2 concelleiros no 2003.
O PP, con 1.562 votos conserva a súa maioría ampla de 8 concelleiros conseguidos no 2003, perdendo case 100 votos desde as últimas eleccións locais.
INGA, cun concelleiro no 2003, non se presentou.
Os concelleiros soberinos nesta lexislatura serán:
PP (8)
1. Raquel Arias Rodríguez
2. José Gómez Vázquez
3. Domingo López Fernández
4. Manuel Álvarez Pérez
5. José Antonio Arias Pérez
6. Sonia Fernández Martínez
7. Carmen Álvarez Páramo
8. Antonio González Fernández
BNG (2)
1. Alfonso Campos Pérez
2. Xesús Verao Pérez
PSOE (1)
1. Antonio Prado Cortiñas
Sem comentários:
Enviar um comentário